Dial Mika (acrónimo de Diamant Allemagne - Mini Kapsel) foi un satélite artificial de Francia e Alemaña lanzado a bordo dun foguete Diamant B o 10 de marzo de 1970 para medir o seu rendemento.

Características O satélite consistía na terceira etapa do Diamant B e o propio Dial Mika. Tiña forma cilíndrica, con 1,5 m de longo e 0,8 m de diámetro. A súa masa total era de 111 kg e alimentábase mediante baterías. A súa vida útil debía ser de unha hora despois do lanzamento. A misión completaríase despois da separación entre Dial Mika e Dial Wika a unha altura duns 350 km.

Dial Mika fallou durante o lanzamento debido a vibracións da primeira etapa do foguete.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Diamant B Dial WIKA

Categoría:Satélites artificiais