miniatura|Herdanza dos cromosomas sexuais na determinación do sexo X0 O sistema de determinación do sexo X0 (xe-cero) é o modo en que se determina o sexo da descendencia entre os seguintes grupos de invertebrados e uns poucos peixes: A maioría dos arácnidosBull, James J.; Evolution of sex determining mechanisms; p. 17 coa excepción da maioría dos ácaros que son haplodiploides.Bachtrog, Doris; Mank, Judith E.; Peichel, Catherine L.; Kirkpatrick, Mark; Otto, Sarah P.; Ashman, Tia-Lynn; Hahn, Matthew W.; Kitano, Jun; Mayrose, Itay; Ming, Ray; Perrin, Nicolas; Ross, Laura; Valenzuela, Nicole; Vamosi, Jana C. and The Tree of Sex Consortium; ‘Sex Determination: Why So Many Ways of Doing It?’; PLoS Biol12(7): e1001899 Case todos os insectos apterigotos e paleópteros, (por exemplo, as libélulas e lepismas) A maioría dos insectos exopterigotos, (por exemplo, saltóns, grilos e cascudas) Algúns nematodos, crustáceos, moluscos gasterópodosThirot-Quiévreux, Catherine; ‘Advances in Chromosomal Studies of Gastropod Molluscs’; Journal of Molluscan Studies, vol. 69 (2003), pp. 187-201 e uns poucos peixes óseos,Devlin, R.H. and Y. Nagahama, 2002. ‘Sex determination and sex differentiation in fish: an overview of genetic, physiological, and environmental influences’; Aquaculture 208: 191–364. especialmente os do xénero Ancistrus.Anderson, Luís Alves; Oliveira, Claudio; Nirchio, Mauro; Granado, Ángel and Foresti, Fausto; ‘Karyotypic relationships among the tribes of Hypostominae (Siluriformes: Loricariidae) with description of XO sex chromosome system in a Neotropical fish species’; Genetica, vol. 128 (2006); pp. 1-9
Neste sistema hai só un cromosoma sexual, denominado X. Os machos teñen só un cromosoma X (son X0), mentres que as femias teñen dous (son XX). O cero (ás veces aparece escrito menos apropiadamente como a letra O) indica a carencia do segundo cromosoma X. Os gametos maternos (óvulos) sempre conteñen un cromosoma X, polo que o sexo da descendencia destes animais depende de se o gameto masculino (espermatozoide) porta un cromosoma X ou non. Se o espermatozoide que realizou a fecundación non levaba ningún cromosoma X, nace un macho.
Existe unha variante deste sistema na que a maioría dos individuos teñen dous cromosomas sexuais (XX) pero son hermafroditas, producindo tanto óvulos coma espermatozoides, cos cales poden fecundarse a si mesmos, mentres que só hai uns poucos individuos que son machos e teñen só un cromosoma X (X0). O organismo modelo Caenorhabditis elegans (un nematodo) é un bo exemplo deste tipo de organismos.
Algunhas especies de mosca Drosophila teñen machos X0. Pénsase que se orixinaron pola perda do cromosoma Y, que estas moscas normalmente teñen, aínda que nelas a determinación do sexo é pola proporción entre os cromosomas X e os autosomas.
Partenoxénese Nos sistemas de determinación do sexo X0 pode haber partenoxénese, que se produce por medio de diferentes mecanismos que orixinan machos ou femias, por exemplo en áfidos.
En humanos Nos humanos pode darse o caso de que un individuo teña un só cromosoma X como único membro do par de cromosomas sexuais, polo que se di que é un individuo X0. Isto é un trastorno chamado síndrome de Turner e non é a forma de determinar o sexo nos humanos, os cales utilizan o sistema XY, no que os XX son mulleres e os XY homes. Os individuos con síndrome de Turner xeralmente presentan un aspecto feminino, pero acompañado de diversas anomalías e trazos característicos e son estériles.
En certos roedores Un pequeno número de roedores teñen un sistema similar ao X0, xa que perderon o seu cromosoma Y. Entre eles están Tokudaia osimensis e Tokudaia tokunoshimensis. Ademais os roedores Ellobius presentan unha forma de determinación X0 na que ambos os sexos carecen dun segundo cromosoma sexual.Chandra, H.S. (1999-04-25). "Another way of looking at the enigma of sex determination in Ellobius lutescens". Current Science 76 (8): 1072. Just W, Baumstark A, Süss A, Graphodatsky A, Rens W, Schäfer N, Bakloushinskaya I, Hameister H, Vogel W. Ellobius lutescens: sex determination and sex chromosome. Sex Dev. 2007;1(4):211-21. PMID 18391532. O seu mecanismo de determinación sexual non se coñece aínda.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Sistema de determinación do sexo Determinación do sexo por haplodiploidía Determinación do sexo ZW Determinación do sexo pola temperatura
Categoría:Sistemas de determinación do sexo