miniatura|Algúns primates usan para agarrarse, ademais das mans e os pés, tamén a súa cola prénsil. miniatura|A lingua prénsil da xirafa.

A prensilidade é a calidade dun apéndice ou un órgano que ten unha adaptación biolóxica para agarrar ou suxeitar.

De ditos apéndices ou órganos dise que son prénsiles.prénsil no Dicionario da RAG.

Etimoloxía Os termos prénsil e prensilidade (calidade de prénsil) entraron nas linguas europeas modernas no século XVIII a través do francés préhensile, tomado do latín prehensus, participio pasado de prehendere, "coller", "prender", "atrapar", "capturar".prehensile no Merriam-Webster Unabriged Dictionary.

Vantaxes A prensilidade é unha adaptación que permitiu ás especies que gozan desta calidade unha gran vantaxe natural na manipulación do seu contorno para a alimentación, a escavación e a defensa. Isto permite a moitos animais, como os primates, usar ferramentas co fin de completar as tarefas que doutro modo sería imposíbel sen a anatomía altamente especializada que posúen. Por exemplo, os chimpancés teñen a capacidade de usar pequenos pauciños para obteren térmites e larvas dunha maneira similar á pesca dos humanos.

Porén, non todos os órganos prénsiles úsanse como ferramentas; a lingua das xirafas, por exemplo, utilízase na alimentación e en condutas de autolimpeza.

Tipos de prensilidade miniatura|O binturong (Arctictis binturong). miniatura|Polbo común no Aquarium Finisterrae. Entre os apéndices que poden converterse en prénsiles están: Os pés prénsiles evolucionaron moitas veces en multitude de especies. As mans dos primates son todas prénsiles en distinto grao. As garras dos félidos son tamén prensiles. A cola prénsil. Moitos lacertilios (lagartos) existentes teñen colas preénsiles (xecos, camaleóns, e unha especie dos escíncidos). Interpretouse que multitude de animais tiveron que ter colas prénsiles no pasado polas evidencias dos seus fósiles, entre eles varios drepanosáuridos do triásico tardío,Silvio Renesto, Justin A. Spielmann, Spencer G. Lucas & Giorgio Tarditi Spagnoli (2010): "The taxonomy and paleobiology of the Late Triassic (Carnian-Norian) Adamanian-Apachean drepanosaurs (Diapsida: Archosauromorpha: Drepanosauromorpha)". New Mexico Museum of Natural History and Science Bulletin 46: 1–81. e posibelmente o sinápsido do pérmico tardío Suminia.Jörg Fröbisch & Robert R. Reisz. (2009): "The Late Permian herbivore Suminia and the early evolution of arboreality in terrestrial vertebrate ecosystems". Proceedings of the Royal Society B. Online First Tamén existen algúns mamíferos que posúen esta característica, como o Arctictis binturong. A lingua prénsil, por exemplo, a dos xiráfidos. O nariz pénsil, por exemplo, o dos elefantes e os tapires . Os labios prénsiles, tales como os do Acipenser fulvescens (esturión lacustre), os orangutáns, o cabalo e os rinocerontes. O labio superior, como o que presenta o manatí do Caribe. Os tentáculos dos cefalópodos.

Notas

Categoría:Anatomía animal Categoría:Termos zoolóxicos