Hrútar é un filme islandés de 2015 escrito e dirixido por Grímur Hákonarson. Estreouse na sección Un Certain Regard do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2015 onde gañou o Prix Un Certain Regard. Estreouse na sección Cinema Contemporáneo do Mundo do Festival Internacional de Cinema de Toronto de 2015. Foi escollido como candidato islandés ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 88ª edición dos premios, mais non foi nomeado. En 2016, o xornal dixital Kjarninn considerouno como o segundo mellor filme islandés de tódolos tempos.
Estreouse en galego en 2025 a través da TVG.
Sinopse Dous irmáns gandeiros de ovellas hai corenta anos que non falan entre eles debido ás diferenzas nas súas personalidades, complicado polo mal humor e o alcoholismo dun deles (Kiddi) e o resentimento e os celos de Gummi polo carneiro premiado de Kiddi. Viven en casas adxacentes na granxa familiar, propiedade legal do irmán sobrio. Ambos son solteiros e apegados aos seus rabaños. Un carneiro premiado pertencente a Kiddi ten o mal das ovellas tolas e despois de que Gummi informase dos seus síntomas, que logo se atopan noutras dúas granxas, cómpre sacrificar todas as ovellas do val. Os labregos deben queimar o feno e desinfectar os pendellos.
Personaxes Sigurður Sigurjónsson como Gummi Theódór Júlíusson como Kiddi Charlotte Bøving como Katrin Jon Benonysson como Runólfur Gunnar Jónsson como Grímur Þorleifur Einarsson como Sindri Sveinn Ólafur Gunnarsson como Bjarni
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Islandia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 88ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
Ficha en RottenTomatoes Ficha en Metacritic
Categoría:Filmes de 2015 Categoría:Filmes en lingua islandesa Categoría:Filmes de Islandia Categoría:Filmes de Polonia Categoría:Filmes de Noruega Categoría:Filmes de Dinamarca Categoría:Filmes rodados en Islandia Categoría:Filmes ambientados en Islandia Categoría:Filmes sobre familias Categoría:Filmes sobre enfermidades Categoría:Filmes de 2015 con versión en galego