Cyrus Hall McCormick, nado en Shenandoah Valley (Virxinia) o 15 de febreiro de 1809 e finado en Chicago o 13 de maio de 1884, foi un inventor estadounidense, fundador da empresa McCormick Harvesting Machine Company, que se converteu en parte de International Harvester Company en 1902.
McCormick foi considerado de xeito simplista como o inventor único da segadora mecánica. Porén, foi un dos varios enxeñeiros de deseño que produciron modelos con éxito na década de 1830. A súa obra construíuse sobre máis de dúas décadas de traballo por parte do seu pai, Robert McCormick Jr., ademais de coa axuda de Jo Anderson, escravo propiedade da familia. Tamén desenvolveu con éxito unha empresa moderna, que fabricada, empaquetaba e vendía os seus propios produtos.
Traxectoria Cyrus Hall McCormick naceu no rancha da familia McCormick no condado de Rockbridge (Virxinia), no lado oeste das Blue Ridge Mountains. Os seus pais foron Robert McCormick (1780–1846) e Mary Ann Hall McCormick (1780–1853), ambos eran de orixe irlandés, presbiterianos de relixión cristiá protestante da provincia do Ulster.
Foi o máis vello de oito fillos e recibiu moi pouca ou ningunha educación formal.
Non obstante, a plantación dos McCormick mantiña un número de escravos, cada membro da familia tivo a obriga de participar nas tarefas produtivas, principalmente durante as épocas de colleita. Dende novo, Cyrus McCormick prefiriu e propuxo o emprego de máquinas para aliviar a dureza do traballo no campo e facelo máis eficiente. Durante a súa adolescencia deseñou e patentou aparatos que reducían a carga de traballo para os que laboraban a terra. Despois intentou vender algunhas das súas invencións, mais non tivo maior éxito neses intentos. Finalmente por fin logrou levar a cabo as súas ideas, tendo un grande éxito e foi quen de construír un verdadeiro emporio industrial.
As máquinas que construíu e patentou, particularmente aquela que empregou cordeis de agave para enfardar a palla ou o feo que resultaban das colleitas de trigo.
Durante os catro últimos anos da súa vida, McCormick estivo paralítico logo de que un infarto paralizase as súas pernas; foi incapaz de falar nos seus dous últimos anos. Faleceu na súa casa de Chicago o 13 de maio de 1884. Foi enterrado no cemiterio de Graceland. Foi sobrevivido pola súa viúva, Nettie, que continuou as súas actividades cristiás e de caridade, nos Estados Unidos e no estranxeiro, entre 1890 e a súa morte en 1923.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Farm Equipment on Antique Farming web site
McCormick Family Financial Records at Newberry Library Explore McCormick County South Carolina
Categoría:Nados en Virxinia Categoría:Nados en 1809 Categoría:Finados en 1884 Categoría:Inventores dos Estados Unidos de América Categoría:Empresarios dos Estados Unidos de América Categoría:Filántropos dos Estados Unidos de América Categoría:Estadounidenses de ascendencia irlandesa