Skin Graft Records (oficialmente escrito como SKiN GRAFT Records) é un selo discográfico independente especializado en no wave e noise rock, baseado orixinalmente en Chicago, Illinois. O selo é en gran parte responsable de procrear o xénero "now wave", unha versión actualizada do movemento no wave de finais dos 70 e principios dos 80.
Historia No ano 1986, SKiN GRAFT foi creada por Mark Fischer e Rob Syers como unha editorial a pequena escala de cómics bizarros e fanzines. Entre os seus cómics estaban The Kidz e Cynicalmanson.
O primeiro disco do selo foi editado a finais do ano 1991. O fundador Mark Fischer dixo do selo no 2000, "Skin Graft é unha compañía de cómics que saca discos". A mascota da discográfica é 'Hot Satan" un sinxelo diaño de debuxos animados, normalmente amosando cornos heavy.
Entre os artistas que gravaron co selo atópanse Dazzling Killmen, Koenjihyakkei, Brise-Glace (con Jim O'Rourke), Cheer-Accident, The Strangulated Beatoffs, Zeek Sheck, The Chinese Stars, The Flying Luttenbachers, Lake of Dracula, Gorge Trio, Colossamite, Shorty, U.S. Maple, ZZZZZ, Made In Mexico, Melt-Banana, Quintron, Flossie and the Unicorns, Yona-Kit, You Fantastic!, Ruins, Space Streakings, Zeni Geva, AIDS Wolf, Mount Shasta, Arab on Radar, Yowie, Athletic Automaton e PRE.
Mantendo as orixes do selo, moitos lanzamentos musicais de SKiN GRAFT (particularmente 7" e LPs) inclúen mini cómics como insertos. O selo tamén usou empaquetados pouco convencionais nalgúns dos seus lanzamentos. As primeiras copias en vinilo do disco de estrea de U.S. Maple foron empaquetadas en follas metálicas, e o EP sen título de 1988 de Colossamite viña con frisbees de 5 polgadas de varias cores.
Dende 1994 ata 1998, e en 2002, SKiN GRAFT comisionou os festivais OOPS(!) Fests, contando con moitas das súas bandas, xunto con espectáculos paralelos e varios estilos de arte improvisado.
Artistas
AIDS Wolf Arab on Radar Athletic Automaton AIDS Wolf versus Athletic Automaton Big'n Brise-Glace Cellular Chaos Cheer-Accident Child Abuse The Chinese Stars Chrome Jackson Colossamite Dazzling Killmen Denison Kimball Trio Doomsday Student Flossie and the Unicorns The Flying Luttenbachers Fruitcake Gay Beast Gorge Trio Holy Smokes Koenjihyakkei Korekyojinn Lake of Dracula Lovely Little Girls Made In Mexico Mama Tick Melt-Banana Mount Shasta My Name Is Rar-Rar Pre Point Line Plane Quintron Q Electronics Ruins Ruins Alone Sax Ruins Satanized Shakuhachi Surprise Shorty Skryptor Space Streakings Strangulated Beatoffs UFO Or Die U.S. Maple Yona-Kit You Fantastic! Xaddax Yowie Zeek Sheck Zeni Geva
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Páxina do selo
Categoría:Discográficas independentes dos Estados Unidos de América