Constantino Gómez Rodríguez, nado en Pontevedra o 15 de decembro de 1911El Magisterio Español, 10-7-1934, p. 22. e finado en Monte Porreiro o 17 de abril de 1937, foi un mestre e político galego.

Traxectoria Mestre nacional de Setecoros (Valga) e veciño de Pontevedra. Afiliado ás Juventudes Socialistas. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 formou parte do grupo de persoas armadas que estiveron no goberno civil de Pontevedra. Logo foi detido. Xulgado polo delito de rebelión en consello de guerra con Manuel Buján, José Acuña, Víctor Moldes, Claudio Magdalena e Albino Sánchez o 16 e 17 de febreiro de 1937, foi condenado a morte. Foi executado as sete da mañá do 17 de abril, no km 1 da Avenida do Uruguai.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Constantino Gómez Rodríguez, mestre.

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1911 Categoría:Finados en 1937 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos