miniatura|300px|Exemplo de depresión endogámica Chámase depresión endogámica á perda de adaptacións (vigor, viabilidade, fecundidade, etc.) producida pola perdida de variación xenética debido á homocigose, que impide a supervivencia da especie.Crow, J. F. & Kimura, M. (2009): An introduction to population genetics theory. Caldwell, New Jersey, USA: Blackburn Press. ISBN 978-1-9328-4612-6.
Expresión dos alelos recesivos Segundo Barret e Kohn, permite a expresión de alelos recesivos prexudiciais procedentes de ambos os proxenitores, xa que adoita producirse polo cruzamento xenético entre parentes próximos.Charlesworth D. & Willis, J. H. (2009): "The genetics of inbreeding depression". Nat. Rev. Genet. 10: 783-796.
Nos seres humanos Os efectos biolóxicos da depresión endogámica nos seres humanos están escurecidos polas influencias socioeconómicas e culturais no comportamento reprodutivo.Alexandre Robert, Bruno Toupance, Marc Tremblay & Evelyne Heyer (2009): "Impact of inbreeding on fertility in a pre-industrial population". European Journal of Human Genetics 17: 673–681. Os estudos en poboacións humanas demostraron que a idade ao casar, a duración do matrimonio, o analfabetismo, o uso de anticonceptivos e a compensación reprodutiva son os principais determinantes da aparente fertilidade, incluso en poboacións cunha alta proporción de unións consanguíneas. (Resume) Porén, observáronse varios efectos pequenos sobre o aumento da mortalidade, intervalos entre partos máis largos, e unha produtividade xeral reducida en poboacións illadas.
Os temores de Darwin Charles Darwin foi un dos primeiros científicos en demostrar os efectos da depresión endogámica mediante a realización de numerosos experimentos con plantas. A esposa de Darwin, Emma, era a súa prima en primeiro grao, e el estaba preocupado polo impacto da endogamia no seus dez fillos, tres dos cales falecieron a idades inferiores aos dez anos, e outros tres non puideron procrear fillos.Clark, R. W. (1984): The Survival of Charles Darwin. Londres: Random House. ISBN 978-0-3945-2134-3, pp. 76-78.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Xenética de poboacións