alt=Logotipo do AMS-02|miniatura|Logotipo do AMS-02 O Espectrómetro Magnético Alfa (Apha Magnetic Spectrometer, AMS), é un aparello cargado en maio de 2011 na Estación Espacial Internacional capaz de rexistrar dez mil raios cósmicos cada minuto.

Características

Forma parte do proxecto DArk MAtter. A versión instalada, AMS-02, está pensada para detectar e catalogar os raios na procura de claves para a comprensión da natureza fundamental da materia, antimateria, a orixe dos raios cósmicos e sinais da materia escura. O proxecto foi liderado polo Premio Nobel de Física Samuel Ting, á cabeza dun equipo que engloba máis de 600 científicos en 16 países. AMS-02 é o paso seguinte do programa que lanzou un detector prototipo (AMS-01) no Space Shuttle en 1998. Dito experimento amosou un gran potencial, polo que foi continuado.

No 2019 é reparado en órbita mediante paseos espaciais dos astronauta Luca Parmitano (ESA) e Andrew Morgan (NASA) e o brazo robótico da ISS manexado por Jessica Meir (NASA).

Ficha técnica

Masa: 7500 kg Material da estrutura: Aceiro inoxidábel Potencia: 2500 W Velocidade datos internos: 7 Gbit/s Velocidade media de transmisión de datos a Terra: 2 Mbit/s Duración estimada da misión: de 10 a 18 anos Intensidade do campo magnético: 015 T producidos por un imán permanente de Nd de 1200 kg (Imán supercondutor orixinal: 2 bobinas de Nb-Ti a 1,8 K producindo un campo central de 0,87 T)

Os datos son filtrados e comprimidos para a súa descarga no centro de operacións POCC do CERN.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Web do AMS-02

Categoría:Astronomía observacional Categoría:Física de partículas Categoría:Astronáutica