Jon Spencer Blues Explosion foi un trío estadounidense de rock procedente da cidade de Nova York e formado en 1991. O grupo estaba composto por Judah Bauer na guitarra, coros, harmónica e ocasionalmente na voz principal, Russell Simins na batería, e Jon Spencer na voz, guitarra e theremin. O seu estilo musical musical ten fortes raíces no rock and roll, aínda que ten influencias do punk, blues, garage, rockabilly, soul, noise rock, rhythm and blues e hip hop.
A banda lanzou nove álbums oficiais de estudio, discos en colaboración con Dub Narcotic Sound System e R.L. Burnside, así como numerosos directos, sinxelos, álbums de descartes, recompilacións e álbums de remesturas. En 2010, a banda lanzou unha serie de reedicións ampliadas. Ao longo da súa carreira o seu son experimental e, ocasionalmente, as súas técnicas de gravación pouco convencionais permitíronlle á banda traballar cun bo número de artistas diversos, como Elliott Smith, Beck, Solomon Burke, Steve Albini, Martina Topley-Bird e Ad Rock dos Beastie Boys.
Discografía
Álbums ÁlbumAnoSeloA Reverse Willie Horton1991Pubic Pop CanThe Jon Spencer Blues Explosion1992Carolina RecordsCrypt Style1992Crypt RecordsExtra Width1993Matador RecordsOrange1994Matador RecordsNow I Got Worry1996Matador RecordsAcme1998Matador RecordsPlastic Fang2002Matador RecordsDamage2004Mute RecordsMeat + Bone2012Shove RecordsFreedom Tower - No Wave Dance Party 20152015Shove Records
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Páxina da banda
Categoría:Grupos musicais da cidade de Nova York Categoría:Grupos musicais de punk blues Categoría:Grupos musicais de garage rock Categoría:Grupos musicais de blues rock Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais formados en 1991