José María Varela Rendueles, nado en Madrid en 1904 finado na Coruña o 20 de decembro de 1986,Necrolóxica en La Voz de Galicia, 21-12-1986, p. 67. foi un avogado, político e empresario español.
Traxectoria Foi oficial do goberno civil de Biscaia e dende marzo de 1930 do de Pontevedra.El Pueblo Gallego, 25-3-1930, p. 9. Militante de Acción Republicana, durante a Segunda República foi nomeado gobernador civil de Guipúscoa o 30 de decembro de 1931,De Pablos (2005), p. 88Serrallonga i Urquidi 2007, p. 40Cucalón 2011, p. 341 (Esta autor faino militante de FRG-ORGA e non de Acción Republicana) o 17 de agosto de 1932 pasou a ser gobernador civil de Murcia.Serrallonga i Urquidi 2007, p. 46 Despois reincorposouse ao seu posto de oficial do goberno civil de Pontevedra. Cando se constituíu a organización de Izquierda Republicana de Pontevedra en maio de 1934, Varela foi nomeado secretario. En novembro de 1934 foi destinado ao goberno civil de Soria.El Pueblo Gallego, 27-11-1934, p. 11. Co triunfo da Fronte Popular, o 22 de febreiro de 1936 foi nomeado gobernador civil de Biscaia,Serrallonga i Urquidi 2007, p. 52El Pueblo Gallego, 22-2-1936, p. 1. e dende o 24 de maio de 1936 foi gobernador de Sevilla.Ponce Alberca (1999), p. 663Serrallonga i Urquidi 2007, p. 26 e 49
Gobernador en Sevilla Cando se produciu o Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, Varela era o gobernador civil de Sevilla. Despois de que o xeneral Queipo Llano sublevara a gornición a tarde do 18, Varela intentou resistir o golpe no goberno civil xunto a outras autoridades, como o xefe dos gardas de Asalto, o comandante José Loureiro. Tamén intentou, sen éxito, que o xefe da Base aérea de Tablada bombardeara as forzas sublevadas que operaban dous canóns. Rexeitou as peticións do líder do PCE sevillano, Saturnino Barneto, para que entregase armas á poboación e poder resistir así o golpe.Barrios (1990) Despois de que os sublevados disparasen un canonazo contra o goberno civil, Varela chamou por teléfono a Queipo de Llano e acordou a rendición a cambio de que respectara a súa vida.Ortiz Villalba (2006), p. 124 Logo de ser feito prisioneiro,Martínez Bande (2007), p. 279 foi enviado á prisión provincial xunto a outros como o alcalde, Horacio Hermoso, ou o presidente da deputación, José Manuel de Puelles.Salas (1992), p. 432
Posteriormente foi xulgado en consello de guerra e condenado a morte, aínda que finalmente polos bos oficios do xesuíta Ayala e da condesa de Lebrija,Serrallonga i Urquidi 2007, p.27 a sentenza foi reducida a 30 anos de prisión.Espinosa (2006), pp. 76-77
Memorias Nas súas memorias (Rebelión en Sevilla: memorias de su gobernador rebelde) xustificou os seus actos o 18 de xullo de 1936, día en que se levantou a guarnición de Sevilla ao mando do xeneral Queipo de Llano, alegando que confiaba "na verdade dos demais e na lealdade dos demais”.
Obras 1982, Rebelión en Sevilla: memorias de su gobernador rebelde. Sevilla: Servizo de Publicacións do Concello. ISBN 9788450079371 1985, Ventana en viaje 1987, El Yo escrito en mi árbol
Vida persoal
Casou en Santiago de Compostela con María de la Concepción Plá Varela en xaneiro de 1931.El Pueblo Gallego, 8-10-1930, p. 8.
Recoñecementos
Premio Ciudad de Sevilla polo libro Rebelión en Sevilla. Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Ficha no Proxecto todolosnombres.org
Categoría:Gobernadores civís de Sevilla Categoría:Gobernadores civís de Biscaia Categoría:Gobernadores civís de Murcia Categoría:Represaliados polo franquismo
Categoría:Nados en Madrid
Categoría:Nados en 1904 Categoría:Finados en 1986