El fotógrafo de Mauthausen é un filme español de 2018 dirixido por Mar Targarona. Está protagonizado por Mario Casas, Macarena Gómez e Alain Hernández. Baséase en feitos reais, e conta a historia de Francesc Boix i Campo, un combatente republicano español e fotógrafo que foi internado no campo de concentración de Mauthausen, durante a segunda guerra mundial.
Sinopse Boix é un fotógrafo que despois de loitar no exército republicano durante a guerra civil española, é internado no campo de concentración de Mauthausen. Alí emprega o seu oficio no laboratorio fotográfico das SS para agochar negativos que proben os crimes e abusos que se producen no campo cando remate a guerra. Boix tamén realizou moitas fotografías de Mauthausen trala liberación e foi testemuña nos xuízos de Núremberg.
Personaxes Mario Casas como Francesc Boix i Campo Richard van Weyden como Paul Ricken Alain Hernández como Valbuena Adrià Salazar como Anselmo Galván Eduard Buch como Fonseca Stefan Weinert como Franz Ziereis Rubén Yuste como Rosales Nikola Stojanovic como Bonarewitz Frank Feys como Popeye Macarena Gómez como Dolores Joan Negrié como Lejías Rainer Reniers como Poschacher Marta Hallan como Anna Pointner Dénes Ujlaky como Albert Pointner
Produción A rodaxe, que comezou o 30 de outubro de 2017, levouse a cabo en Terrasa e Budapest. Nesta cidade aproveitáronse os mesmos decorados dun campo que se empregaron no filme O neno co pixama de raias.
O actor Mario Casas perdeu 12 quilos para interpretar o Boix preso.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2018 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes en lingua alemá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes biográficos Categoría:Filmes rodados en Terrasa Categoría:Filmes rodados en Budapest