A Sociedade Deportiva Vilasantar é un equipo de fútbol galego de Vilasantar. Compite no Grupo 3 da Terceira Galicia e o seu terreo de xogo é o Campo Municipal de Vilasantar.

Historia O equipo ten as súas orixes no antigo Vilasantar, que durante os anos 80 chegou a xogar en Primeira Autonómica.

A actual etapa do club iniciouse en 2019, xogando o seu primeiro partido oficial o 22 de setembro contra o SDC Teixeiro (1-1). Logrou a súa primeira vitoria o 3 de novembro fronte ao Abellá B.

Datos do club

Tempadas en Segunda Galicia: 0 Tempadas en Terceira Galicia: 7 Mellor clasificación na liga: 8º (Terceira Galicia, tempadas 2021/22 e 2025/26). Maior goleada conseguida: Vilasantar 7-1 San Martiño (2024/25). Maior goleada encaixada: Vilasantar 0-6 Atlético Cercedense (2023/24), Vizoño B 6-0 Vilasantar (2024/25).

Historial na liga TempadaCategoríaPosto2019/203ª Galicia9º2020/213ª Galicia2021/223ª Galicia8º2022/233ª Galicia12º2023/243ª Galicia10º2024/253ª Galicia14º2025/263ª Galicia8º2026/273ª Galicia—

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas O SD Vilasantar en Siguetuliga.com . Datos do club na web da Federación Galega de Fútbol.

Categoría:Equipos de fútbol da provincia da Coruña Categoría:Deporte en Vilasantar