Adrian Maxwell Sherwood, nado o 20 de xaneiro de 1958 en Londres, é un produtor musical inglés especializado en música dub. Sherwood ten un distintivo estilo de produción baseado na aplicación de efectos e técnicas de mestura dub noutras formas de música electrónica ou música popular. Traballou cunha gran variedade de artistas de reggae ademais de facelo cos músicos Keith LeBlanc, Doug Wimbish e Skip McDonald. Sherwood remesturou temas de Coldcut, Depeche Mode, The Woodentops, Primal Scream, Pop Will Eat Itself, Sinéad O'Connor e Skinny Puppy. No seu papel de produtor musical traballou con varios selos discográficos; porén, a súa discográfica máis coñecida é On-U Sound Records, que creou en 1979. Sherwood foi membro da banda Tackhead. Segundo el, padece acusia conxénita que lle impide discriminar tons, e céntrase en facer sons e ruídos en vez de melodía.

Notas

Categoría:Nados en Londres Categoría:Nados en 1958 Categoría:Produtores musicais