We'll Build Them a Golden Bridge é o primeiro álbum de estudio da banda canadense de indie rock Destroyer, publicado orixinalmente en mazo de 1996 a través do selo Tinker Recordings. O disco foi reeditado por Scratch Records o 24 de outubro de 2006.
O título do álbum é unha referencia á novela de Lev Tolstoi A guerra e a paz, na cal Mikhail Kutuzov, o comandante o exército ruso, promete construír a Napoleón e ao exército francés unha "ponte de ouro" (golden bridge) dende Rusia para permitir que os franceses continuasen a súa apresurada retirada sen intentar librar unha batalla, o que só provocaría destrución e perda de vidas innecesarias.
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de Destroyer Categoría:Álbums musicais de 1996