Manscape é o sétimo álbum de estudio da banda inglesa de rock Wire, publicado o 15 de maio de 1990 a través do selo Mute Records. Foi producido por David M. Allen, e gravado e mesturado principalmente nos RAK Studios por Roy Spong.

En Manscape Wire explorou a música electrónica con máis profundidade que en anteriores traballos. Os baixos e as baterías foron principalmente secuenciados, e nunha xira polo Reino Unido e Europa a banda xirou sen o batería Robert Gotobed. O disco está formado principalmente por material novo, xunto con algunhas cancións vellas reelaboradas para incluírlle instrumentación electrónica.

"The Morning Bell" trata sobre o sistema educativo público británico, mentres que "Small Black Reptile" fala sobre o sistema político. A peza central do álbum, "You Hung Your Lights in the Trees/A Craftsman's Touch", dura algo máis de dez minutos.

A edición orixinal en vinilo ten unha orde de cancións significativamente distinta e omite os temas "Life in the Manscape", "Stampede" e "Children of Groceries".

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de Wire Categoría:Álbums musicais de 1990 Categoría:Álbums producidos por David M. Allen Categoría:Álbums de Mute Records