Iago Bouzón Amoedo, nado en Redondela o 16 de xuño de 1983, é un futbolista galego. Xoga de defensa central e o seu equipo actual é o Córdoba.
Traxectoria Formouse na canteira do Celta de Vigo, xogando no filial as tempadas 2001-02, 2002-03 e 2003-04, cando ascendeu ao primeiro equipo. Co Celta xogou en Primeira División dous encontros nesa mesma tempada: o debut no estadio de Montjuïc e á xornada seguinte en Balaídos contra o Deportivo Alavés. Na seguinte tempada, xa co equipo en Segunda División, disputou sete encontros.
Na tempada 2005-06 xogou cedido no Recreativo de Huelva, onde participou en 24 encontros,en 20 deles como titular. O club onubense demostrou o seu interese por renovar ao xogador e o 19 de agosto de 2006 o Celta e o Recreativo asinaron un acordo de traspaso por catro anos, gardando o Celta a posibilidade de recompra ao segundo.
Permaneceu en Huelva até 2010, cando fichou polo Omonia Nicosia de Chipre.
Palmarés Participou no campionato de Europa de seleccións sub-15 en Israel. Máis tarde obtivo coa selección española a Copa Meridian de seleccións sub-17, disputada en Bari do 27 de xaneiro ao 2 de febreiro de 2001, e que enfrontou seleccións europeas e africanas. Foi subcampión do mundo sub-20 coa selección española, no mundial organizado en Arabia Saudita. Tamén foi internacional sub-21 con España.
O 29 de decembro de 2005 Iago Bouzón disputou o partido Galiza-Uruguai que supuxo a recuperación da selección galega de fútbol.
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en futbolme.com Datos do xogador en fifa.com Datos do xogador en transfermarkt.co.uk
Categoría:Nados en 1983 Categoría:Deportistas de Redondela Categoría:Futbolistas de Redondela Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Recreativo de Huelva Categoría:Xogadores do Xerez CD Categoría:Xogadores do AC Omonia Categoría:Xogadores do Córdoba CF Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Galicia Categoría:Xogadores do Celta de Vigo internacionais coa selección de fútbol de Galicia Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21 Categoría:Xogadores do Gimnàstic de Tarragona Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-17 Categoría:Nados en Redondela