miniatura|Zaza Urushadze foi o director do primeiro filme estoniano nomeado ao premio . Estonia presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional dende o ano 1992. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés. O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.
Até o ano 2024, vinte e dous filmes estonianos foron presentados ó Óscar ó mellor filme internacional, dos cales só un foi finalmente noemado ó galardón, Mandariinid na 87ª edición dos premios.
Propostas A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956. O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio. A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Estonia para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.
Tódalas propostas estaban rodadas en lingua estoniana, agás Viimased (2020), rodada en lingua finesa.
Ano(Cerimonia) Título Director Resultado 1992(65ª) Need vanad armastuskirjad 2001(74ª) Karu süda 2004(77ª) Sigade revolutsioon , René Reinumägi 2005(78ª) Stiilipidu 2007(80ª) Klass 2008(81ª) Mina olin siin 2009(82ª) Detsembrikuumus 2010(83ª) Püha Tõnu kiusamine 2011(84ª) Kirjad Inglile 2012(85ª) Seenelkäik 2013(86ª) Free Range: Ballaad maailma heakskiitmisest 2014(87ª) Mandariinid 2015(88ª) 1944 2016(89ª) Ema 2017(90ª) November 2018(91ª) Võta või jäta 2019(92ª) Tõde ja õigus 2020(93ª) Viimased 2021(94ª) Vee peal 2022(95ª) Kalev 2023(96ª) Savvusanna sõsarad 2024(97ª) Biwa järve 8 nägu 2025(98ª) Pikad paberid Meel Paliale
Notas
Categoría:Cinema de Estonia Estonia