Lois III de Alemaña, tamén chamado Lois o Mozo, nado en 835 e finado o 20 de xaneiro de 882, foi o segundo fillo do monarca carolinxio Lois o Xermánico.

Traxectoria O seu pai herdou o reino de Saxonia desde o 876. Tamén herdou o reino de Baviera do seu irmán máis vello Carlomán á súa morte en 880. Morreu no 882 e todos os seus territorios pasaron ao terceiro dos irmáns, Carlos o Gordo. Naceu no 835, fillo de Lois o Xermánico e de Emma de Altdorf. Foi o segundo dos tres fillos de Lois o Xermánico, que, seguindo o costume franco de dividir o reino entre os seus fillos, cedeu territorios do seu reino aos seus fillos para que adquirisen experiencia no goberno. O fillo máis vello, Carlomán, recibiu Baviera, Lois recibiu Saxonia, e o terceiro fillo, Carlos o Gordo, AlemañaPara o seu intento infrutuoso de alcanzar a coroa de Aquitania (854) ver: Pipino II de Aquitania. .

Durante a súa mocidade, Lois, ás veces co apoio de Carlos, enfrontouse ás veces loitou co seu pai, pero as sublevacións non foron máis lonxe e sempre se reconciliou co seu pai. Á morte de Lois o Xermánico no 876, o reino dos francos orientais separouse finalmente e os tres irmáns herdaron os seus correspondentes reinos.

O seu tío, Carlos o Calvo, buscou aproveitarse da mocidade de Lois para anexarse as partes occidentais de Lotarinxia, pero a pesar de ter un exército significativamente menor, Lois deuno derrotado na batalla de Andernach.

Grazas ao Tratado de Ribemont (880) apoderouse de Lotarinxia a costa do reino francés e coa morte do seu irmán Carlomán o mesmo ano obtivo o reino de Baviera.

Lois tamén tivo que tratar coas incursións viquingas, que penetraron no interior e saquearon o reino. Lois derrotou a hoste dos viquingos en Thimeon, pero o seu fillo bastardo Hugo morreu na batalla.

Lois enfermou no 881 e faleceu o 20 de xaneiro do 882. O seu único fillo lexítimo, Lois, morrera aos dous anos ao caer accidentalmente por unha fiestra do palacio, de xeito que á súa morte todos os seus territorios pasaron ao seu irmán Carlos, volvéndose unificar o reino de Alemaña que se dividira pola morte de seu pai.

Notas

Categoría:Reis de Aquitania Categoría:Reis de Lotarinxia Categoría:Reis de Francia Oriental Categoría:Nados en 835 Categoría:Finados en 882