Junípero Serra Ferrer O.F.M., nado en Petra (Mallorca) o 24 de novembro de 1713 e finado en Monterey (Alta California) o 28 de agosto de 1784, foi un freire franciscano balear. Foi bautizado como Miguel José Serra Ferrer, e é máis coñecido tradicionalmente como frei Junípero Serra. Doutor en Filosofía e Teoloxía, trasladouse a América, onde fundou nove Misións españolas na Alta California, e presidiu outras quince.
Traxectoria Primeiros anos Naceu o 24 de novembro de 1713 en Petra, Mallorca, daquela unha poboación de canteiros e labradores, do matrimonio formado por Antonio Serra e Margarita Ferrer. O seu nome de bautismo era Miguel José.
Os seus pais eran analfabetos, pero ingresaron ao seu fillo na escola do convento franciscano de San Bernardino en Petra, e de aí pasou a ampliar estudos no convento de San Francisco de Palma de Mallorca. Aos 16 anos fíxose freire, e cambiou o seu nome polo de Junípero. O seu interese pola filosofía viuse alimentado por Ramon Llull. Dedicouse á docencia de filosofía de 1740 a 1743 no Convento de San Francisco, e despois ocupou a cátedra de teoloxía Escotista na Universidade Luliana.
Apostolado En calidade de padre presidente fundou unha serie de Misións e atendeu á fundación doutras, cun total de nove Misións. A primeira das Misións fundadas por el foi a de San Diego de Alcalá, o 16 de jullo de 1769; a misión encóntrase dentro do actual concello de San Diego. Estableceu a súa sede central na Misión de San Carlos Borromeo de Carmelo, fundada por el en 1770.
En xullo de 1771 fundou a Misión de San Antonio de Padua, e en agosto, a de San Gabriel]], esta última na actual área metropolitana dos Ánxeles. O 1 de setembro de 1772 fundou a Misión de San Luis Obispo de Tolosa. Tamén tivo participación na fundación da Misión de San Juan Capistrano en 1776, e na de San Buenaventura en 1782. Sábese que visitou as misións de Santa Clara de Asís e de San Francisco de Asís, esta última na localidade de San Francisco.
As Misións foron creadas primordialmente para evanxelizar aos nativos. Outro obxectivo foi a integración destas persoas na sociedade española e a súa capacitación para asumir a propiedade e a xestión da terra. Como cabeza da Orde en California, Serra non soamente lidou con cargos relixiosos, senón tamén con outras autoridades españolas en cidade de México e cos oficiais militares locais que mandaban as gornicións achegadas.
Beatificación e canonización Foi beatificado polo papa san Xoán Paulo II o 28 de setembro de 1988. O 23 de setembro de 2015 foi canonizado polo papa Francisco, na cidade de Washington D. C..Fray Junípero Serra será canonizado en septiembre por el Papa en Estados Unidos Diario de Mallorca, 15-01-2015. Consulyado o 14 de febreiro de 2020. A partir dese momento é tamén coñecido como San Junípero Serra.
Notas
Categoría:Franciscanos descalzos Categoría:Misioneiros Categoría:Santos do catolicismo Categoría:Nados en 1713 Categoría:Nados en Mallorca Categoría:Finados en 1784