Nieves Neira Roca, nada en Lugo o 9 de setembro de 1983, é unha xornalista e poeta galega.

Traxectoria Filla de Manuel de Neira Pol. É sobriña neta da fotógrafa Maruja Roca.Maruja Roca, unha gran fotógrafa descoñecida no Lugo dos anos 40 Traballa como xornalista en El Progreso.

Publicou desde hai anos textos poéticos e críticos en distintos medios pero, sobre todo, é recoñecida polo seu traballo periodístico. Está a preparar unha tese sobre Uxío Novoneyra, curmán de seu pai.

En 2022 participou en Rosalía en Camiño. Diálogos literarios multilingües, celebrados en Padrón, Santiago e Pontevedra. Organizados pola Fundación Rosalía de Castro.

Obras Poesía Neve de agosto (2022). Santiago: Chan da Pólvora. ISBN 9788412473186. O libro fala desa ruptura da muller que buscou a neve un 5 de agosto; que era mentira, pero atopouna.

Ensaio O feitizo de Maruja Roca. El hechizo de Maruja Roca. The magic of Maruja Roca (2020). ACentral Folque. Ed. Eutropio Rodríguez. Colección Cámara Escura baixo a dirección artística de Ramom Pinheiro Almuinha. É un asombroso libro sobre a súa tía avoa, unha fotógrafa do Becerreá da posguerra. ISBN 978-84-122867-0-0. Recoñecemento Premio de xornalismo Johán Carballeira 2020 pola reportaxe "A fotógrafa revelada" sobre Maruja Roca, unha das pioneiras da fotografía galega.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Artigos de Nieves Neira

Categoría:Xornalistas de Lugo Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1983