Markus Winkelhock, nado en Stuttgart-Bad Cannstatt, Alemaña o 13 de xuño de 1980, é un piloto de automobilismo alemán. Foi vencedor do Campionato FIA GT en 2012 xunto a Marc Basseng e gañou as 24 Horas de Nürburgring de 2012, 2014 e 2017, e as 24 Horas de Spa de 2014.

Carreira Winkelhock correu na Fórmula 3 Alemá, onde foi quinto en 2001, e cuarto nas Fórmula 3 Euroseries 2003. En 2004 participou no Deutsche Tourenwagen Masters cun Mercedes-Benz Clase CLK do equipo Persson. Non logrou puntos. Volveu aos monoplazas en 2005, participando na Fórmula Renault 3.5.

A comezos do 2006, foi confirmado como piloto probador do equipo Midland de Fórmula 1. Na 2007 seguiu como piloto de probas no mesmo equipo, agora chamado Spyker. No Gran Premio de Europa foi escollido para substituír a Christijan Albers, despedido por falta de pagamento dos seus patrocinadores. O piloto alemán destacou por liderar a proba durante 6 voltas tras ser o único piloto con pneumáticos de choiva extrema. Abandonaría posteriormente por un problema hidráulico.

Resultados

Fórmula 1 (Clave) (letra grosa indica pole position) (cursiva indica vuelta rápida) AnoEscudería 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18Pos. Puntos 2007Etihad Aldar Spyker F1 Team AUS MYS BHR ESP MON CAN USA FRA GBR EURRet GER HUN TUR ITA BEL JPN CHN BRA NC 0

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial de Markus Winkelhock Markus Winkelhock en Driver Database Markus Winkelhock en Race Database Markus Winkelhock en Speedsport Magazine

Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Alemaña Categoría:Nados en 1980 Categoría:Nados en Stuttgart