Robert Bruce Avakian, chamado Bob Avakian, nado o 7 de marzo de 1943 na cidade de Washington, é un político estadounidense, líder do principal grupo maoísta dos Estados Unidos, o Partido Comunista Revolucionario.

Traxectoria Neto de emigrantes armenios que chegaran aos Estados Unidos para traballar no campo, o pai era xuíz de condado en Alameda. Educouse en Berkeley (California) e alí entrou en contacto con grupos da esquerda e participou en protestas estudantís, dirixidas por Mario Savio, que tiñan como obxectivo obrigar a Universidade a recoñecer a liberdade de expresión. Avakian converteuse no voceiro na área de San Francisco do Partido Paz e Liberdade e asemade apoiaba activamente os Panteras Negras. En 1975 participou na creación do Partido Comunista Revolucionario (PCR). Cando Deng Xiaoping visitou os Estados Unidos, Avakian dirixiu as protestas en Washington contra a visita. Por enfrontamentos coa policía na protesta, el e os outros membros do seu grupo foron xulgados e condenados a un total de 241 anos de cárcere. Para evitar ir a prisión marchou a París en 1981. No entanto, todas as acusacións contra el foron completamente retiradas en 1982.

Desde 1979 Avakian é o presidente do comité central do Partido Comunista Revolucionario, e continúa a selo en 2018.

Obras Preaching From a Pulpit of Bones Democracy: Can't We Do Better Than That? A Horrible End, or an End to the Horror? Could We Really Win? Phony Communism is Dead; Long Live Real Communism The Immortal Contributions of Mao Tse-Tung Bullets From the Writings Speeches and Interviews of Bob Avakian (Little Silver Book) For a Harvest of Dragons - A collection of essays. From Ike to Mao and Beyond: My Journey from Mainstream America to Revolutionary Communist ISBN 0-9760236-2-8 Observations on Art and Culture, Science and Philosophy Marxism and the Call of the Future: Conversations on Ethics, History, and Politics

Categoría:Nados en Washington, D.C. Categoría:Nados en 1943 Categoría:Políticos comunistas dos Estados Unidos de América