Theodore Edward Cantor, tamén coñecido por Theodor Edvard Cantor (o seu nome de necemento), nado en 1809 en Copenhague e finado en 1860 na India, foi un médico, botánico e zoólogo danés.

Traxectoria Nacido no seo dunha familia xudía danesa,"Natural history publications arising from Theodore Cantor’s visit to Chusan, China, in 1840" Archives of Natural History 43 (1) : 30–40. Edinburgh University Press, I. M. Turne, p. 36. Cantor estudou medicina en Halle (Alemaña) obtendo en 1833 o grao de doutor en medicina.

Traballou para a Compañía Británica das Indias Orientais, para a que fixo coleccións de historia natural en Penang e Malaca.

No campo científico da herpetoloxía describiu moitas novas especies de réptiles e anfibios.The Reptile Database Pelochelys cantorii, comunmente coñecida como tartaruga de coiraza branda xigante de Cantor, chámase así no seu honor.Beolens, B.; Watkins M. & Grayson M. (2011): The Eponym Dictionary of Reptiles. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0135-5. ("Cantor", p. 47).

E no campo da ictioloxía, describiu, entre outros taxons, o xénero Spondyliosoma.Spondyliosoma Cantor, 1849 no WoRMS.Spondyliosoma Cantor, 1849 no ITIS.

Publicacións — (1839). Notes respecting some Indian fishes.

Abreviaturas A abreviatura Cantor emprégase para recoñeer a como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

A abreviatura Cantor emprégase para recoñeer a como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.Theodore Edward Cantor (1809-1854) no IPNI.

Notas

Categoría:Científicos de Dinamarca Categoría:Zoólogos de Dinamarca Categoría:Nados en 1809 Categoría:Nados en Copenhague Categoría:Finados en 1860