Os Indianapolis Indians son un equipo de béisbol estadounidense das Ligas Menores (Minor League Baseball) con sede en Indianápolis, Indiana. O club, de clase Triple-A, compite na Midwest Division da International League. Anteriormente competiu na American Association (1902–1962, 1969–1997) e na Pacific Coast League (1964–1968). Os Indians están afiliados desde 2005 aos Pittsburgh Pirates da Major League Baseball. O equipo xoga os seus xogos como local no Victory Field, un estadio inaugurado no ano 1996 con capacidade para 12.230 espectadores, ampliábeis até os 14.230.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Equipos das MiLB