Martha Beatriz Merino Lucero, nada o 15 de novembro de 1947 en Lima, é unha avogada e política peruana.

Traxectoria Entre 1990 e o 1992 foi Senadora da República e Congresista da República do Perú de 1995 a 2000, formando parte da oposición parlamentaria ao goberno de Alberto Fujimori. Entre os anos 2001 e 2003 ocupou o cargo de Superintendenta Nacional de Aduanas e de Administración Tributaria. En 2003, foi designada como Primeira ministra do Perú baixo a presidencia de Alejandro Toledo, converténdose na primeira muller en desempeñar o devandito cargo no Perú e en América Latina.En 1973, a vicepresidenta arxentina María Estela Martínez (1931-) foi nomeada presidenta da República pola morte do presidente Juan Domingo Perón (1895-1974). Foi tamén a primeira muller en ser designada como Defensora do Pobo en 2005, cargo que ocupou ata 2011.

Posteriormente, Merino foi a presidenta da Asociación de Administradoras de Fondos de Pensións de 2011 a 2012 e presidenta da Asociación Peruana de Hidrocarburos de 2013 a 2015. Dende 2016 é a presidenta executiva da Universidade César Vallejo.

Notas

Categoría:Nados en 1947 Categoría:Nados en Lima Categoría:Primeiros ministros do Perú Categoría:Políticos do Perú