Hypothes.is é un proxecto de código aberto dirixido á compilación de comentarios sobre afirmacións feitas en calquera contido accesible na web, o filtrado colaborativo, e a creación de rangos que permitan valorar a credibilidade das devanditas afirmacións.
Tense definido como "unha capa de revisión por pares para o conxunto de Internet".
En decembro de 2017, Hypothes.is ocupaba o posto 113 770 entre os sitios máis populares de Internet segundo Alexa.com.
O proxecto é un sistema que permite a anotación de páxinas web a través de comentarios achegados polos usuarios e un sistema de reputación que cualifica os comentarios. A idea é que os comentarios sexan almacenados en Internet Archive. As persoas fan uso a través dun módulo de extensión no navegador (Chrome) ou a través dunha miniaplicación ligada (noutros navegadores). A idea é que as ligazóns a comentarios específicos sexan visibles sen necesidade dun complemento.
O proxecto foi liderado por Dan Whaley, cofundador de GetThere, o que fora un dos primeiros sistemas de reservas de viaxes en liña no ano 1995.
Entre os asesores da entidade están John Perry Barlow, Charles Bazerman, Philip Bourne e Brewster Kahle.
Proxecto Unha entrada en Kickstarter dirixida á recadación dos 100 000 necesarios para crear un prototipo operativo conseguiu o seu obxectivo o 13 de novembro de 2011.Hypothes.is - Taking peer review to the Internet. Esta iniciativa estruturouse sen ánimo de lucro. Recibiu axuda financeira da Fundación Shuttleworth, da Fundación Alfred P. Sloan, do fondo Helmsley Trust, a Fundación Knight e a Fundación Andrew W. Mellon.
En decembro de 2015 Hypothes.is converteuse en membro fundador dunha coalición formada por editorais académicas, plataformas, bibliotecas e entidades relacionadas coa tecnoloxía, nacida para crear unha capa de anotacións aberta e interoperable para os seus contidos. Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial Webinar sobre o uso de hypothes.is para a lectura colaborativa e a aprendizaxe a distancia
Categoría:Software libre