A Medalla John von Neumann é un premio de ciencias da computación establecido pola dirección do IEEE (The Institute of Electrical and Electronics Engineers) en 1990, recibe o seu nome en honra do eminente matemático John von Neumann. Concédese anualmente "en recoñecemento a logros sobresaíntes en ciencia e tecnoloxía relativos aos computadores". Os logros poden ser teóricos, tecnolóxicos ou empresariais, e non teñen por que terse acadado con precedencia inmediata á concesión do galardón.
A medalla debe o seu nome ao matemático e pioneiro das ciencias da computación John von Neumann (1903-1957).
A lista completa de gañadores é a seguinte:
1992 C. Gordon Bell 1993 Frederick P. Brooks 1994 John Cocke 1995 Donald E. Knuth 1996 Carver A. Mead 1997 Maurice V. Wilkes 1998 Ivan Edward Sutherland 1999 Douglas C. Engelbart 2000 John L. Hennessy e David A. Patterson 2001 Butler W. Lampson 2002 Ole-Johan Dahl e Kristen Nygaard 2003 Alfred V. Aho 2004 Barbara H. Liskov 2005 Michael Stonebraker 2006 Edwin Catmull 2007 Charles P. Thacker 2008 Leslie Lamport 2009 Susan L. Graham 2010 John Hopcroft e Jeffrey Ullman 2011 Tony Hoare 2012 Edward J. McCluskey 2013 Jack Dennis 2014 Cleve Moer 2015 James A. Gosling 2016 Christos Papadimitriou 2017 Vladimir Vapnik 2018 Patrick Cousot 2019 Éva Tardos 2020 Michael I. Jordan
Tamén existe o Premio de Teoría John von Neumann, outorgado polo Institute for Operations Research and Management Science (INFORMS) por contribucións á teoría da investigación operacional.
Véxase tamén
Premio de Teoría John von Neumann
Ligazóns externas "IEEE John von Neumann Medal Recipients", en IEEE.org
Categoría:Medallas Categoría:Premios científicos