Terenciano Mauro, en latín Terentianus Maurus, foi un poeta romano que viviu a finais do século I e comezos do II, baixo Nerva e Traxano. Identifícase cun Terenciano que foi gobernador de Siene no Alto Exipto, encomiado por Marcial, e é considerado membro do grupo "novos poetas" (poetae neoterici ou novelli). Traxectoria Era orixinario da provincia romana de África, segundo o seu alcume Maurus.
Consérvase incompleto un tratado seu en verso titulado De Litteris, Syllabis, Pedibus, Metris, que trata sobre a prosodia e os diferentes tipos de metros, escrito con elegancia e sabedoría. É seu o adaxio, a miúdo citado erroneamente, que di: Pro captu lectoris habet sua fata libelli (O destino dos escritos varía segundo a capacidade dos lectores). Normalmente, con todo, só se menciona a segunda parte da frase, Habent sua fata libelli, que se traduce como "cada libro ten o seu destino".
O texto desta obra foi impreso por primeira vez en 1497. A reedición foi feita en 1531 polo editor parisiense Simon de Colines. Esta edición de 1531 foi composta cun tipo de letra Antiqua chamada "Terentianus", ás veces atribuído erroneamente a Claude GaramondTerentianus Maurus en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman biography and mythology. Vol. III. Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 996.
Unha edición de Terenciano Mauro foi feita, en 1836, polo gran filólogo alemán Karl Lachmann, pioneiro da crítica textual moderna, que tomou o seu nome (método de Lachmann).
Notas
Véxase tamén Bibliografía Terentiani Mauri De litteris syllabis et metris liber recensuit Carolus Lachmannus, Berlín, Typis et impensis G. Reimeri, 1836. Terentianus, Maurus, De litteris, syllabis, metris, de Chiara Cignolo, Hildesheim, Olms, 2002. Ligazóns externas Corpus Grammaticorum Latinorum.
Categoría:Nados no século I Categoría:Finados no século II Categoría:Poetas