Grecia () ( ou Ελλάς/Ellás), oficialmente República Helénica () () é un país do sueste meridional europeo, situado ao sur da Península Balcánica. Fai fronteira con Albania, Macedonia do Norte e Bulgaria polo norte e con Turquía polo leste. O mar Exeo atópase no leste e sur da Grecia continental, mentres o mar Xónico se atopa no leste, a través do cal ten ligazóns con Italia, e con Albania. Tanto no seu leste coma no seu oeste, Grecia posúe unha gran cantidade de illas, sendo a maior a Illa de Creta.
Grecia atópase na conxuntura de Europa, Asia e África. A Grecia actual constitúese como herdeira do patrimonio da Grecia antiga, o Imperio Romano o Imperio Bizantino,Sir Steven Runciman, Conclusion, The Fall of Constantinople e o Imperio Otomán.Encyclopædia Britannica 2006 Así mesmo, Grecia é o berce da democracia,Finley, M. I. Democracy Ancient and Modern. 2d ed., 1985. London: Hogarth. a filosofía occidental,History of Philosophy, Volume 1 by Frederick Copleston os Xogos Olímpicos, a literatura occidental e historiografía, as ciencias políticas, os principios matemáticos, e o drama occidentalBrockett, Oscar G. History of the Theatre. sixth ed., 1991. Boston; London: Allyn and Bacon. incluíndo a traxedia e a comedia.
A Grecia actual é un país do primeiro mundo, membro da Unión Europea dende 1981, da Unión económica e monetaria dende 2001, da OTAN dende 1952, da OCDE dende 1961,www.oecd.org Organisation for Economic Co-operation and Development e da Axencia Espacial Europea dende 2005.Greece becomes 16th ESA Member State Atenas é a súa capital; Salónica e Patras son, alén da capital, as principais cidades do país.
Etimoloxía O nome histórico de Grecia en grego é Ἑλλάς, (transcrito como Elás). No grego moderno chámase comunmente Ελλάδα (transcrito como Elada). O nome de Grecia en galego provén do termo latino graecus (Γραικοί), que é a forma coa que Aristóteles se refería ao nome do país. Con todo, na realidade o nome está relacionado co da xente de Epiro.
O outro nome que recibe está relacionado co termo de Alexandre o Grande, "Helénico", que provén de Ellada (Ελλάδα) e que significa "terra lixeira!, onde o "h" inicial vén da pronuncia no grego antigo cun son aspirado inicial. Tamén se relacionou o país grego con "helios" (sol). Con todo, a raíz de onde se formou o seu nome é incerta, e foi durante o Imperio Romano cando comezou a recibir o nome de Grecia.
En moitas linguas europeas, como no galego, o nome provén da raíz Γραικός (Graikós) véxase o castelán e italiano: Grecia, portugués: Grécia, inglés: Greece, francés: Grèce, alemán: Griechenland ou o ruso: Греция. Por outra banda o nome en varios países asiáticos, como en turco: Yunanistan, árabe: يونان, hebreo: יוון, persa antigo: Yaunâ, pali: Yona ou indonesio: Yunani, derivan de Ἰωνία (ionía), a rexión de Xonia.
Historia
miniatura|esquerda|O Partenón miniatura|esquerda|Filipo II de Macedonia A antiga Grecia tiña límites con Iliria e Macedonia ao norte, ao leste co mar Exeo, ao oeste co mar Xónico, e ao sur co mar Mediterráneo. Tiña 77.000 km². As súas montañas, co ceo case sempre azul e o seu clima suave facía de Grecia un dos máis marabillosos países do mundo antigo. Foi nese pequeno país no que a primeira civilización europea comezou hai máis de dous mil anos. Naquel tempo, Grecia dominaba grandes áreas das marxes do Mediterráneo e do mar Negro. Actualmente, Grecia é un único país de poder reducido, e un dos menos desenvolvidos de Europa. Atenas é a capital e maior cidade do país, con catro millóns de habitantes. En Atenas e noutras partes de Grecia, existen ruínas de monumentos do pasado glorioso da antiga civilización.
Hai milleiros de anos, os gregos estabeleceron tradicións de xustiza e liberdade individual que son as bases da democracia e da economía de mercado. A súa arte, filosofía e ciencia tornáronse fundamentos do pensamento e da cultura occidentais. Os gregos da Antigüidade chamábanse a si mesmos helenos (tódolos que falaban o grego, mesmo que non vivisen na Grecia Continental, e daban o nome de Hélade á súa terra. Os que non falaban grego eran chamados bárbaros. Nunca chegaron a formar un goberno nacional, porén estaban unidos pola mesma cultura, relixión e lingua.
A Grecia tornouse independente o 14 de setembro de 1829, despois de que o Tratado de Adrianópolis fose asinado entre Rusia e Turquía, o cal puxo fin á guerra da independencia.
Despois de conseguir a independencia do Imperio Otomán, e como resultado das Guerras Balcánicas, Grecia conseguiu incrementar o seu territorio e poboación. Os seguintes anos, a loita entre Constantino I de Grecia e o carismático primeiro ministro Eleftherios Venizelos sobre a política estranxeira antes da primeira guerra mundial dominou a escena política grega, e dividiu o país en dous grupos enfrontado. Trala fin da Gran Guerra producinse unha loita que enfrontou os helenos cos nacionalistas turcos, liderados por Mustafa Kemal, unha guerra que provocou un intercambio importante de poboación entre os dous países tras o Tratado de Lausana.
A inestabilidade e sucesivos golpes de estado marcaron a seguinte era, que foi eclipsada pola tarefa de incorporar máis dun millón e medio de refuxiados gregos de Asia Menor dentro da sociedade grega. O 28 de outubro de 1940 a Italia fascista pediu a rendición de Grecia, mais o ditador grego Ioannis Metaxas opúxose e provocou a consecuente Guerra Greco-Italiana, onde Grecia expulsou as forzas italianas en Albania, dando aos aliados da segunda guerra mundial a primeira vitoria sobre as Potencias do Eixe. Posteriormente tívose que enfrontar as forzas alemás durante a Batalla de Grecia. Trala liberación, Grecia caeu na guerra civil entre as forzas a prol da realeza e as comunistas, o que provocou unha grave crise económica e graves tensións sociais entre as dereitas e as esquerdas os seguintes trinta anos.
Os seguintes vinte anos caracterizáronse pola marxinación dos esquerdistas dentro da esfera política e social gregas, pero cun considerable crecemento económico, grazas en parte ao Plan Marshall. O ano 1965, foi un período de turbulencia política que trouxo o golpe de estado do 21 de abril de 1967 do Réxime dos Coroneis, co apoio dos Estados Unidos. En novembro de 1973 o levantamento á Universidade Politécnica de Atenas provocou un golpe contrario que instalou a Dimitrios Ioannidis como ditador. O 20 de xullo de 1974, coa invasión turca da illa de Chipre o réxime grego colapsou. O antigo primeiro ministro Konstantinos Karamanlis volveu de París onde vivira dende o seu exilio en 1963, empezando a era denominada Metapolitefsi. O 14 de agosto de 1974 as forzas gregas abandonaron a estrutura militar da OTAN en protesta pola ocupación turca do norte de Chipre. En 1975 instaurouse a constitución da república democrática e aboliuse a monarquía por referendo. Andreas Papandreou fundou o Movemento Socialista Panhelénico (PASOK), en resposta ao partido Nova Democracia de Konstantinos Karamanlis, xurdindo as dúas forzas políticas dominantes da política grega durante as décadas seguintes. Grecia volveu á OTAN en 1980 e converteuse no décimo membro da Unión Europea o 1 de xaneiro de 1981, experimentando dende entón un notable crecemento económico. O país adoptou o euro en 2001 e organizou de maneira satisfactoria os Xogos Olímpicos do verán de 2004 en Atenas.
Política e goberno
miniatura|180px|Eleftherios Venizelos (1864-1936). Grecia é unha república parlamentaria. O xefe de estado é o Presidente da República, quen é elixido polo Parlamento por un período de cinco anos. A vixente Constitución foi redactada e adoptada polo parlamento heleno no ano 1975, trala caída da xunta militar que gobernou o país entre 1967 e 1974. Dende aquela foi revisada dúas veces, a primeira en 1986 e a segunda no ano 2001. A Constitución, constituída por 120 artigos, establece a separación de poderes nos poderes executivo, lexislativo, e xudicial, e garante extensas e específicas liberdades e dereitos sociais.P.D. Dagtoglou, Individual Rights, I, 21* E. Venizelos, The "Acquis" of the Constitutional Revision, 131-132, 165-172
Segundo a constitución, o poder executivo é exercido polo Presidente da República e o goberno. A emenda constitucional de 1986 restrinxiu significativamente as obrigacións e deberes do presidente, sendo o seu papel hoxe en día soamente cerimonial.K. Mavrias, Constitutional Law, 477-478 Dende o 13 de marzo de 2020 a presidenta de Grecia é Katerina Sakellaropoulou. A posición do Primeiro Ministro, xefe do goberno de Grecia, pertence ao líder do partido político que obteña a maior confianza do parlamento grego. O Presidente da República formalmente elixe o Primeiro Ministro, e, baixo recomendación, elixe e destitúe os membros do goberno. O Primeiro Ministro exerce vastos poderes políticos, aumentados a conta dos do Presidente na emenda de 1986.K. Mavrias, Constitutional Law, 477-478, 486-487 O Primeiro Ministro de Grecia dende o 8 de xullo de 2019 é Kyriakos Mitsotakis.
O poder lexislativo é exercido por 300 membros do Parlamento unicameral. Os estatutos aprobados polo Parlamento son promulgados polo Presidente da República. As eleccións parlamentarias teñen lugar cada catro anos, mais o Presidente da República está obrigado a disolve-las cortes no caso de que o goberno o propoña en caso de acontecer asunto nacional de extrema importancia. O Presidente está obrigado tamén a disolver o Parlamento, no caso de que a oposición sexa quen de levar a cabo unha moción de censura.
O poder xudicial é independente do executivo e do lexislativo é abrangue tres Cortes Supremas. O sistema xudicial componse tamén de cortes civís, encargadas de xulgar casos civís e penais e cortes administrativas, encargadas de xulgar disputas entre os civís e as autoridades gregas. Dende a restauración da democracia e ata a década de 2010, imperou un sistema bipartidista dominado polos partidos Nova Democracia (liberalconservador) e Movemento Socialista Panhelénico (socialdemócrata),Para unha análise diacrónica do sistema de partidos grego véxase Transformation of the Greek Party System Since 1951 de T. Pappas, 90-114, que distingue tres tipos distintos de sistemas partidarios que se desenvolveron en orde consecutiva, chamados sistema de partido predominante (de 1952 a 1963), sistema de pluralismo polarizado (entre 1963 e 1981), e sistema bipartidista (dende 1981). até que este último perdeu gran parte do seu apoio nas eleccións de 2012 e nas seguintes, caendo a menos dun 10% dos votos. Paralelamente á caída do PASOK produciuse a subida da Coalición da Esquerda Radical (SYRIZA), chegando a ser a forza máis votada nas eleccións de 2015 e gobernando o país ata 2019 cando Nova Democracia volveu gañar unha maioría absoluta.
Dereitos humanos
Xeografía
Monte Olimpo|miniatura|esquerda {| border=0.5 align=right cellpadding=0 cellspacing=0 style="margin: 0 0 1em 1em; background: #f9f9f9; border: 0px #aaaaaa solid; border-collapse: collapse; font-size: 100%;"pa |<div style="position: relative">centro|Map of Greece
25px <span style="color: black;">Albania 25px Macedonia do Norte 25px <span style="color: black;">Bulgaria <div style="position: absolute;color:gray;font-size:90%;left:255px;top:30px">'</div> 25px <span style="color: black;">Turquía
65px <div style="position: absolute;font-size:110%;left:4px;top:299px"><span style="color: black;" >GRECIA'''</span></div> <span style="color: purple;" >ATENAS Salónica Kavala Alexandroupoli --Samotracia Corfú Larisa Volos Ioannina Patras Esparta <span style="color: black;"><b>. Pireo Heraklion
Macedonia Tracia Epiro Tesalia Eubea Grecia Central Peloponeso M.Olimpo(2.917 m) Leucas Cefalonia Zakynthos- Lemnos Lesbos Quíos Samos Andros Tinos Mykonos --Patmos Naxos Milos Santorini Kos Rodas Karpathos Kassos Citerea
<span style="color: #0099DD;">Mar <span style="color: #0099DD;">Exeo <span style="color: #0099DD;">Mar de Creta <span style="color: #0088DD;">Mar de <span style="color: #0088DD;">Mirtos