O Rally de Ferrol de 1995 foi a 26ª edición de dito rally e a última proba da tempada 1995 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse o 2 de decembro de 1995 e o vencedor foi o piloto local Germán Castrillón.

Resumo Germán Castrillón chegou a este rally xa sen opcións para o campionato galego, que gañara matematicamente Miguel Dopico na anterior proba. Gañou con facilidade tras conseguir o mellor tempo en 8 dos 10 treitos, empatar un e ceder outro a favor de Arturo Rial. Miguel Dopico non arriscou e chegou na segunda posición. Dos 50 vehículos que tomaron a saída, 34 conseguiron chegar á meta.

Clasificación PosPilotoCopilotoVehículoTempo1 Germán Castrillón Estrella CastrillónFord Escort RS Cosworth44:232 Miguel Dopico Álvaro LouroFord Escort RS Cosworth45:453 Arturo Rial Juan Carlos AriasCitroën ZX 16V46:034 José Manuel López Castrillón Pedro AmadoFord Escort RS Cosworth47:025 Manuel García Lorenzo José Manuel PinalRenault Clio Williams49:206 Vicente Posada Sergio FreireCitroën AX GTI50:077 Pedro Castañón Miguel Ángel VilasCitroën AX50:148 José Javier Naveira Juan Carlos GrandalOpel Kadett50:519 Manuel Dopico Carlos DopicoPeugeot51:0010 Julio Doce Gloria de la FuentePeugeot51:06Abandonos- Sergio Vallejo Diego VallejoPeugeot 106 Rallye

Notas

Categoría:Rally de Ferrol Categoría:Tempada 1995 do Campionato de Galicia de Rally