Gonçalo Manuel de Albuquerque Tavares, nado en Luanda en agosto de 1970, máis coñecido como Gonçalo M. Tavares, é un escritor e profesor universitario portugués.

Traxectoria Naceu en Luanda, Angola, en 1970, onde a nai era matemática e o pai enxeñeiro, mais aos 3 anos veu para Aveiro, Portugal. Estudou Física, deportes e artes. Profesor de Epistemoloxía na Universidade de Lisboa. Foi bolseiro do Ministerio de Cultura de Portugal cunha bolsa na área de Poesía.

Os seus libros deron orixe a pezas de teatro, obxectos artísticos, vídeos de arte, ópera etc. Están en curso cerca de 220 traducións distribuídas por corenta e cinco países.

Está considerado un dos mellores escritores portugueses da súa xeración e un dos máis influéntes de Europa cun mundo persoal moi orixinal.

A novela Jerusalém foi incluída na edición europea de "1001 libros para ler antes de morrer" – unha guía cronolóxica das máis importantes novelas de todos os tempos.

Recoñecementos:

José Saramago, no discurso de asignación do Premio á novela "Jerusalém", dixo: «'Jerusalém' é um grande livro, que pertence à grande literatura ocidental. Gonçalo M. Tavares não tem o direito de escrever tão bem apenas aos 35 anos: dá vontade de lhe bater!». Del dixo tamén Vila-Matas, no Magazine Littéraire: "... de narrador de raça a génio de um imenso futuro. É um escritor que não vai continuar muito mais tempo despercebido nessa Europa…" "Tavares triunfará, iso é algo que se ve xa a chegar." in El País, España.

Obras

O Reino Unha tetraloxía, os seus libros negros, catro novelas curtas que convidan a reflexionar sobre un contexto político moi actual: a liberdade do individuo en sociedade, a violencia e o poder do Estado ou as relacións sociais. Tamén reflexiona sobre a violencia e o medo. Publicado en español como El Reino, Seix Barral, 744 páxs., trad. de Ana Rita Da Costa e prólogo de Enrique Vila-Matas.

Um Homem: Klaus Klump (2003). Caminho. A Máquina de Joseph Walser (2004). Caminho. Jerusalém (2004). Caminho. Aprender a Rezar na Era da Técnica (2007). Caminho. Osso do Meio (2020). Relógio d'Água.

Serie "O Bairro" A serie O Bairro, cadernos dedicados aos Señores (homónimos de grandes escritores da modernidade), é "unha especie de historia da literatura en ficción", unha utopía que vai no décimo volume. Mesturando realidade e ficción vai tecendo fábulas que se poderían clasificar como fábulas críticas. Permite uma leitura mais lúdica. Publicados todos en español como El Barrio (2015), Seix Barral, 552 páxs., trad. de Florencia Garamuño.

O Senhor Valéry (2002). Caminho. O Senhor Henri (2003). Caminho. O Senhor Brecht (2004). Caminho. O Senhor Juarroz (2004). Caminho. O Senhor Kraus (2005). Caminho. O Senhor Calvino (2005). Caminho. O Senhor Walser (2006). Caminho. O Senhor Breton (2008). Caminho. O Senhor Swedenborg (2009). Caminho. O Senhor Eliot (2010). Caminho.

Libros Negros (cancións)

Água, cão, cavalo, cabeça (2006). Caminho. Contos pequenos, en que cada un se eleva nunha labazada no estómago. Pequenas historias cuxas personaxes son seres - humanos e animais - feos, tristes, grotescos (que lembran unha tea de Paula Rego) e que protagonizan episodios de sexo, violencia, morte. Canções Mexicanas (2011). Relógio d'Água. Ficción ambientada na cidade de México. Animalescos (2013).- Relógio d'Água. Home, animal e máquina están presentes nestas prosas. Tres elementos a partir dos que Gonçalo M. Tavares elabora unha potente reflexión sobre a loucura como condición humana, sobre o caos, o bestial e a animalidade que nos habita, algúns dos seus reversos: a razón, a civilización, a fe e a tecnoloxía.

Colección "Breves notas" Colección de ensaios

Breves notas sobre ciência (2006). Relógio d'Água. Breves notas sobre o medo (2007). Relógio d'Água. Breves notas sobre as ligações (2009).Relógio d'Água. Breves notas sobra música (2015). Relógio d'Água. Breves notas sobre literatura - Bloom (2018). Relógio d'Água.

Bloom Books

A perna Esquerda de Paris seguido de Roland Barthes e Robert Musil (2004). Relógio d’ Água.

Poesía

Livro da dança (2001). Assírio & Alvim 1 (2004). Relógio d'Água.

Contos

Histórias falsas (2001). Campo das Letras. Short Movies (2011). Caminho. Matteo perdeu o emprego (2010). Porto Editora.

Teatro

A Colher de Samuel Beckett (2003). Campo das Letras.

Investigacións

Libro da dança (2001). Assírio e Alvim. Investigacións. Novalis (2002). Dífel. Investigações geométricas (2005). Teatro do Campo Alegre.

Diversos

Biblioteca (2001). Campo das Letras. Uma Viagem à Índia (2010). Caminho. Propón unha Epopea portuguesa para o séc. XXI. Segue a estrutura da obra Os Lusíadas, de Luís Vaz de Camões, copiándolle a segmentación en cantos e estrofas, na mesma cantidade que o orixinal. Uma Menina está Perdida no seu Século à Procura do Pai (2014). Porto Editora. Os Velhos Também Querem Viver (2014). Caminho. O Torcicologologista, Excelência (2015). Caminho. A Mulher-Sem-Cabeça e o Homem-do-Mau-Olhado (2017). Bertrand Editora. Cinco meninos, Cinco ratos (2018). Bertrand Editora. Na América, disse Jonathan (2019). Relógio d'Água. Bucareste-Budapeste: Budapeste-Bucareste (2019). Relógio d'Água.

Tese

A Temperatura do Corpo (2001). Instituto Piaget. Atlas do Corpo e da Imaginação (2013). Caminho.

Premios

2002: Premio Revelación de Poesía da Asociación Portuguesa de Escritores por Investigações. Novalis 2002: Premio Branquinho da Fonseca da Fundación Calouste Gulbenkian e do Xornal Expresso, por O Senhor Valéry 2004: Premio LER/Millennium BCP por Jerusalém 2005: Premio José Saramago por Jerusalém 2006: Gran Premio de Conto da Asociación Portuguesa de Escritores "Camilo Castelo Branco" por con Água, cão, cavalo, cabeça 2007: Premio Portugal Telecom de Literatura por Jerusalém 2008: X Premio Internacional Trieste, na Italia 2010: Grande Prémio de Romance e Novela APE/IPLB por Uma Viagem à Índia 2010: Prémio do Melhor Livro Estrangeiro en Francia por Aprender a Rezar na Era da Técnica 2012: Foi feito Grande-Oficial da Orde do Infante D. Henrique. 2018: Prémio Vergílio Ferreira.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Blog Quen é Gonçalo M. Tavares? Entrevista en El País, 2016 Entrevista en El Cultural, 2017

Categoría:Poetas de Portugal Categoría:Escritores de Portugal Categoría:Nados en 1970