Paquita Salas é unha serie española dirixida e guionizada por Javier Calvo e Javier Ambrossi. Está protagonizada por Brays Efe que interpreta a Paquita Salas. Trátase dunha serie cómica que se estreou a través da plataforma Flooxer (Atresmedia). Debido á boa aceptación que tivo a súa preestrea, a serie tamén se emitiu na canle Neox. Dende outubro de 2017, Netflix posúe os dereitos exclusivos da serie, desaparecendo de Flooxer.
A segunda tempada estreouse en Netflix o 29 de xuño de 2018, e a terceira estreouse o 28 de xuño de 2019. Non se descartou unha cuarta tempada, pero "haberá que agardar".
Sinopse Paquita Salas era a mellor representante dos anos 90 e, aínda que agora todo cambiou, ela non. Cando Macarena García, a súa actriz máis coñecida, a abandona inesperadamente, o mundo de Paquita esborrállase. Xunto con Magüi (Belén Cuesta), a súa inseparábel asistenta, e Álex, un repartidor que acabará converténdose en parte da familia, Paquita lánzase desesperada ao descubrimento dun novo talento. Unha busca que a levará a atopar o seu oco na profesión e no mundo.
Tempadas Tempadas Episodios Emisión orixinal Plataforma Estrea Final 1 5 6 de xullo de 2016 25 de outubro de 2016 Flooxer 2 5 29 de xuño de 2018 Netflix 3 6 28 de xuño de 2019
Elenco + Listaxe do elenco principal de Paquita Salas Actor/actriz Personaxe Tempadas 1 2 3 Brays Efe Paquita Salas Principal Belén Cuesta Magüi Moreno Principal Lidia San José Lidia San José Principal Álex de Lucas Álex de Lucas Principal Recorrente Mariona Terés Mariona Terés Principal Yolanda Ramos Noemí Argüelles Invitada Principal Anna Castillo Belén de Lucas Invitada Principal Belinda Washington Belinda Washington Invitada Principal Terelu Campos Bárbara Valiente Invitada Principal
Premios e candidaturas Premios Feroz Ano Categoría Candidatos Resultado2017Mellor serie de comediaPaquita Salas GañadoraMellor actor protagonista dunha serieBrays Efe GañadorMellor actriz secundaria dunha serieBelén Cuesta Gañadora2019Mellor serie de comediaPaquita Salas CandidataMellor actor protagonista dunha serieBrays Efe CandidatoMellor actriz secundaria dunha serieBelén Cuesta CandidataLidia San José Candidata2020Mellor serie de comediaPaquita Salas CandidataMellor actor protagonista dunha serieBrays Efe CandidatoMellor actriz secundaria dunha serieBelén Cuesta CandidataYolanda Ramos Gañadora
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Series de televisión en lingua castelá Categoría:Series de televisión iniciadas en 2016 Categoría:Series de televisión de Netflix Categoría:Series de televisión de España