Alice Pleasance Liddell Hargreaves Taylor, nada en Westminster o 4 de maio de 1852 e finada en Kent o15 de novembro de 1934, foi durante a súa infancia amiga de Lewis Carroll, e a súa inspiración para o personaxe protagonista dos libros Alicia no país das marabillas e Alicia do outro lado do espello.

Traxectoria Alice Liddell foi a cuarta filla do matrimonio formado por Henry Liddell, que foi durante 36 anos decano do college Christ Church de Oxford, e a súa esposa, cuxo nome de solteira era Lorina Hannah, filla máis nova duns terratenentes da pequena nobreza. O matrimonio tivo varios fillos: maiores que Alice, Harry (nado en 1847) e Arthur (1850-1853), e unha irmá máis vella, Lorina, coñecida como "Ina" (nada en 1849); despois dela naceron outras seis nenas, cunha das cales, Edith (nada en 1854) tivo Alice unha relación bastante íntima.

Cando naceu Alice, o seu pai era o decano de Westminster School, pero pouco despois foi designado para o decanato de Christ Church de Oxford. A familia Liddell mudouse a esta cidade en 1856. Pouco despois do traslado, os Liddell trabaron amizade con Charles Lutwidge Dodgson, máis coñecido polo seu pseudónimo literario de Lewis Carroll, profesor en Christ Church. Dodgson e Alice Liddell coñecéronse o 25 de abril de 1856, cando a nena non cumprira aínda os catro anos.Morton N. Cohen, Lewis Carroll, p. 91.

A relación de amizade de Charles Dodgson coa familia Liddell, e especialmente con Alice e as súas irmás Lorina e Edith, prolongouse durante varios anos. As tres pousaron en numerosas ocasións para ser fotografadas por Dodgson, gran afeccionado á fotografía, e adoitaban ir con el de excursión polos arredores de Oxford. A verdadeira Alicia deixou testemuño destes longos paseos:

«Moitos dos contos do Sr. Dodgson fóronnos contados nas nosas excursións polo río, preto de Oxford. Paréceme que o principio de Alicia foinos relatado nunha tarde de verán na que o sol era tan ardente, que desembarcaramos nunhas pradarías situadas corrente abaixo do río e abandonaramos o bote para refuxiarnos á sombra dun palleiro recentemente formado. Alí, as tres repetimos a nosa vella frase: cóntenos unha historia, e así comezou o seu relato, sempre delicioso. Algunhas veces para mortificarnos ou porque realmente estaba canso, o Sr. Dodgson detíñase repentinamente dicíndonos: isto é todo, até a próxima vez: ah, pero esta é a próxima vez!, exclamabamos as tres ao mesmo tempo, e despois de varias tentativas para persuadilo, a narración renovábase novamente».

Durante unha destas excursións, Dodgson, a petición de Alice, inventou unha primeira versión do que logo se convertería no soado libro As aventuras de Alicia no país das marabillas, e posteriormente escribiu o conto para regalarllo a Alice no Nadal de 1863. Pouco antes (no verán dese mesmo ano), con todo, un misterioso episodio provocara o arrefriado das relacións entre Dodgson e os Liddell. A partir de entón, Alice e Dodgson só mantiveron algúns encontros esporádicos. Hai constancia de correspondencia entre ambos polo menos até 1892.Morton N. Cohen, Lewis Carroll, p. 608.

Durante a infancia de Alice, ela e a súa familia adoitaban pasar as vacacións nunha casa de campo chamada "Penmorfa" (posteriormente convertida no Gogarth Abbey Hotel e finalmente demolida en 2008), na costa occidental de Llandudno, no norte de Gales.http://news.bbc.co.uk/1/hi/wales/north_west/7754396.stm esquerda|miniatura|295x295px|Alice Liddell en 1872, fotografada por Julia Margaret Cameron. Lorina ("Ina") Liddell contraeu matrimonio en febreiro de 1874. Dous anos despois, o 30 de xuño de 1876, morreu Edith, a menor das irmás, de peritonite como secuela do xarampón.

Segundo refire Morton N. Cohen na súa biografía de Lewis Carroll, Alice foi obxecto da atención romántica do príncipe Leopoldo, duque de Albany, fillo máis novo da raíña Vitoria, durante o tempo en que este foi estudante en Christ Church.Morton N. Cohen, Lewis Carroll, pp. 613-615.Algúns biógrafos de Lewis suxeriron que o verdadeiro obxecto de atención amorosa de Lewis non foi Alice, senón a súa irmá Edith. Citado en Karoline Leach, In the Shadow of the Dreamchild, p.201. Este romance, se chegou a existir, non prosperou, xa que o príncipe terminaría por casar cunha princesa alemá. No entanto, Leopoldo daría á súa filla primoxénita o nome de Alice, e sería máis tarde o padriño do fillo de Alice Liddell, Leopold Reginald Hargreaves. Existiu, en calquera caso, unha relación de amizade entre Alice Liddell e o seu esposo e os duques de Albany.

Outro estudante do Christ Church, Reginald Gervis Hargreaves, fillo dun próspero empresario, namorouse de Alice e propúxolle matrimonio. Ambos casaron o 15 de setembro de 1880 na Abadía de Westminster. Alice converteuse nunha dama da alta sociedade, dando a miúdo recepcións na súa mansión de Cuffnells, Hampshire. O matrimonio tivo tres fillos: Alan Knyveton Hargreaves, Leopold Reginald "Rex" Hargreaves e Caryl Liddell Hargreaves (Alice negou sempre que o nome do seu terceiro fillo tivese relación co sobrenome de Dodgson, Lewis Carroll). Os dous maiores faleceron en combate durante a Primeira guerra mundial.

O tren de vida que levaba o fillo máis novo, Caryl, e os elevados custos de mantemento da propiedade familiar de Cuffnells, levaron a Alice a tomar a decisión de vender o manuscrito autógrafo que lle regalou Lewis Carroll en 1863. Dado que o nome de Lewis Carroll era entón mundialmente coñecido, obtivo por el unha suma moi elevada (15.400 libras esterlinas) na casa de poxas Sotheby's. O manuscrito foi adquirido polo doutor A.S.W. Roschenbach, quen o vendeu logo a Eldridge R. Johnson. Johnson expuxo o manuscrito ao público na Universidade de Columbia con motivo da conmemoración do centenario do nacemento de Lewis Carroll, en 1932.

A Universidade de Columbia convidou a Alice Liddell a esta conmemoración. Alice, que tiña xa oitenta anos, viaxou aos Estados Unidos en compañía da súa irmá Rhoda e do seu fillo Caryl, e participou nos actos conmemorativos, que incluíron un doutoramento honoris causa para ela outorgado pola Universidade de Columbia. É probable que durante esa visita aos Estados Unidos coñecese a Peter Llewelyn-Davies, un dos irmáns que inspiraron o personaxe Peter Pan a J. M. Barrie, aínda que con seguridade este encontro sucedeu en Londres, na libraría Bumpus Store. Faleceu dous anos despois, o 16 de novembro de 1934, nunha casa que alugara en Westerham, próxima á da súa irmá Rhoda. Nunha ocasión confesoulle que estaba "cansa de ser Alicia no País das Marabillas".Nunha carta conservada na biblioteca do Christ Church, citada por Morton N. Cohen, Lewis Carroll, p. 622. A súa residencia familiar, Cuffnells, convertida en hotel trala súa morte, foi demolida despois da Segunda guerra mundial.

O manuscrito orixinal de Carroll foi adquirido, á morte do seu propietario, Eldridge R. Johnson, por un consorcio de bibliófilos estadounidenses e regalado ao pobo británico "en sinal de agradecemento a un pobo nobre que mantivo baixo control a Hitler sen axuda durante un longo período".Citado en Morton N. Cohen, Lewis Carroll, p. 620. Actualmente consérvase na Biblioteca do Museo Británico.

Relación con Lewis Carroll dereita|miniatura|289x289px|Alice, disfrazada de esmoleira. Fotografía de Charles Dodgson, nome real de Lewis Carroll (1858). A relación entre Alice Liddell e Charles Dodgson foi fonte de controversia. Moitos biógrafos pensaron que Dodgson sentía por ela unha atracción de índole romántica ou sexual pero non hai probas de que sexa así.Morton N. Cohen, Lewis Carroll, pp. 100–104.

Dodgson coñeceu á familia Liddell en 1856. Segundo as anotacións dos seus diarios, coñeceu primeiro á señora Liddell e aos seus fillos Harry e Lorina o 25 de febreiro dese ano. Máis tarde fixo amizade co pequeno Harry Liddell. O seu primeiro encontro con Alice tivo lugar o 6 de marzo, cando acudiu á casa do decano para fotografar a catedral. Segundo el mesmo indica no seu diario, sinalou ese día cunha pedra branca.Dos diarios de Carroll, citado por Morton N. Cohen, Lewis Carroll, p. 92. Esta expresión é seguramente unha broma erudita, en referencia a un verso do autor latino Catulo (Catulo 68, 148 ), "quem lapide illa dies candidiore notat" ("o día que ela marca cunha pedra máis branca"): Carroll destaca así que o día revisteu para el unha especial importancia.

Primeiro fixo amizade con Harry, o irmán máis vello, ao que levou coa súa irmá Lorina ("Ina") a varias excursións en barca e merendas campestres nos arredores de Oxford. Máis adiante, cando Harry comezou a ir á escola, Alice e a súa irmá Edith empezaron a acudir a esas excursións. Dodgson adoitaba entreter ás nenas narrándolles contos fantásticos, e elas pousaron a miúdo para el como modelos de fotografía, a grande afección de Dodgson. Afirmouse que Alice foi a modelo favorita de Dodgson, pero non hai ningunha evidencia de que sexa así. Os diarios de Dodgson entre o 18 de abril de 1858 e o 8 de maio de 1862, que poderían achegar luz sobre a súa relación coas irmás Liddell, perdéronse, probablemente destruídos polos herdeiros do autor.

A relación entre Dodgson e a familia Liddell terminou bruscamente en xuño de 1863. Até hai pouco non había información algunha sobre o que motivou esta ruptura, xa que os Liddell nunca falaron abertamente diso, e a páxina dos diarios do autor correspondente aos días 27, 28 e 29 de xuño de 1863, datas nas que supostamente ocorreu a ruptura, perdeuse (foi arrincada por unha sobriña do autor, Menella Dodgson, segundo recoñeceu varios anos despois).Morton N. Cohen, Lewis Carroll, p. 136.

Especulouse coa idea de que a nai de Alice, a señora Liddell, desaprobara a relación da súa filla, que xa tiña once anos, con Dodgson. Morton N. Cohen suxire a idea de que Dodgson puido pedir a man de Alice, ou polo menos facer algún tipo de insinuación nese sentido.Morton N. Cohen, Lewis Carroll, pp. 136-141. Até hai pouco, a única fonte para coñecer o que puido ocorrer nesas datas eran as especulacións, todas elas centradas na idea de que a ruptura tivo algún tipo de relación con Alice Liddell.

En 1996, Karoline Leach atopou o que desde entón se coñece como o documento "Cut Pages in Diary" ("Páxinas cortadas no diario") — unha nota supostamente escrita pola sobriña de Charles Dodgson, Violet Dodgson, que resume a páxina perdida dos diarios correspondente aos días 27, 28 e 29 de xuño de 1863, escrita aparentemente antes de que ela (ou a súa irmá Menella) arrincasen a páxina. A nota di así:

Non está claro quen foi o autor desta nota. Para Leach, a escritura pode ser a dunha das dúas sobriñas de Carroll, Menella ou Violet Dodgson. No entanto, Morton N. Cohen afirma, nun artigo publicado no Times Literary SupplementMorton N. Cohen, "When Love was Young", Times Literary Supplement, outubro de 2003 que, durante os anos sesenta, Philip Dodgson Jacques reveloulle que el mesmo era o autor da nota, para a que se baseou en conversacións escoitadas ás súas tías. Actualmente non existen probas que permitan decantarse por ningunha das dúas posibilidades.

O sentido exacto desta nota tampouco foi determinado. Con todo, parece implicar que a ruptura entre Dodgson e a familia Liddell produciuse por mor dun suposto rumor que relacionaba a Dodgson coa institutriz das nenas e con "Ina", a irmá máis vella de Alice. A natureza destes rumores, e se tiñan ou non fundamento, son asuntos que non puideron ser aclarados até o momento.