Owen Kay Garriott, nado en Enid (Oklahoma) o 22 de novembro de 1930, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións Skylab 3 e STS-9.
Traxectoria Garriott graduouse en enxeñería eléctrica pola Universidade de Oklahoma en 1953 e é doutor na mesma materia pola Universidade de Stanford en 1960.
Foi seleccionado como astronauta pola NASA en xuño de 1965. Foi membro da misión Skylab 3, a última á estación espacial Skylab, e participou na misión STS-9. Pasou un total de 69,79 días no espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Skylab 9 STS-9
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1930 Categoría:Nados en Oklahoma Categoría:Alumnos da Universidade de Oklahoma