Indómitos foi unha banda galega de noise rock fundada en Glasgow polos vigueses Daniel Nicolás (voz e baixo) e Paula Vilas (voz e batería), aos que se lles uniu Manu G. Sanz (guitarra). O grupo separaríase con só dous anos de historia tras publicar un único álbum. Os seus membros posteriormente iniciarían outros proxectos musicais como fantasmage e Selvática.

Historia A banda formouse a principios do ano 2008 en Glasgow, onde traballaban Daniel Nicolás e Paula. Indómitos comezou a tocar en pubs da cidade e gravou un álbum. Tras regresar a Galiza ese mesmo ano editaron o álbum Indómitos no mes de decembro a través do selo galego El Beasto.

No ano 2010 colaboraron co tema "Crímenes del futuro" no álbum recompilatorio de bandas galegas Galician Bizarre. Ese mesmo ano a banda separaríase.

Tras a disolución de Indómitos Daniel Nicolás formou Fantasmage en Vigo, mentres Manu e Paula marcharon ao Brasil onde comezaron un novo proxecto chamado Selvática.

No ano 2015 o selo Discos de Kirlian publicou Demos 2008-2010, dez cancións gravadas por Manu no seu estudio caseiro coa axuda de Paula.

Discografía

Álbums ÁlbumAnoSeloNotasIndómitos2008El BeastoálbumDemos 2008-20102015Discos de Kirliandemos

Notas

Categoría:Grupos musicais de Vigo Categoría:Grupos musicais de noise rock Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Grupos musicais formados en 2008