César Lorenzo Gil, nado en Cequeliños (Arbo) en 1977, é un xornalista, editor e escritor galego, tamén coñecido como César Cequeliños.

Traxectoria

Estudou Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela. Foi coordinador de A Nosa Terra Diario (2008-2011). Colaborou en Praza Pública.César Lorenzo Gil É director de Aira Editorial e editor da revista literaria Biosbardia. Forma parte do comité de redacción da revista Luzes e do consello de redacción de Protexta. miniatura|Con Antonio Seijas e Ramón Rozas na libraría Paz de Pontevedra en marzo de 2023. Foi correspondente de El Correo Español-El Pueblo Vasco en Galicia, redactor en Meta Sport, colaborador de EFE.

Obra Asinada como César Cequeliños.

Novela A gran novela galega (2023). Cangas de Morrazo: Rinoceronte Ed. 256 páxs. ISBN 9788419040077. Foi publicada por entregas en Biosbardia. Sábeme a salamántiga o ceo da boca (2024). Vigo: Galaxia. 540 páxs. ISBN 9788411763448. Infanto-xuvenil

Animais míticos do Camiño de Santiago (2022). Allariz: Aira Ed. 40 páxs. ISBN 9788412559316. Historia da Galicia pequeniña (2022). Allariz: Aira Ed. 64 páxs. ISBN 9788412451290. Con Jorge Campos. Animais míticos do Camiño de Santiago (2025). Con Jorge Campos. Aira Ed. 40 páxs. ISBN 978-84-125593-1-6. Premios

Premio Torrente Ballester 2023 por Sábeme a salamántiga o ceo da boca.

Notas

Categoría:Xornalistas de Galicia

Categoría:Editores de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Arbo Categoría:Nados en 1977 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela