Para outras moedas coa mesma denominación, véxase Peso (moeda).
O peso chileno (código CLP; símbolo $) é a moeda de curso legal da República de Chile."Chilean Peso". eXchangeRate.com"Decreto Lei 1123". Ministerio de Facenda de Chile. 4 de agosto de 1975. Estableceuse en 1818, como primeira moeda nacional do país logo da súa independencia, e en 1851 incorporouse o centavo como unidade divisionaria de carácter decimal.
Este primeiro peso mantívose como a moeda de curso legal en Chile ata o 31 de decembro de 1959, cando foi substituído polo escudo."Lei 13305 de 1959". Ministerio de Facenda de Chile. 6 de abril de 1959. Posteriormente, o Decreto lei 1123 de 1975 reintroduciu o peso como unidade monetaria nacional a partir do 29 de setembro dese ano, cunha taxa de conversión dun peso chileno novo por cada mil escudos. A subdivisión en centavos mantívose ata o 1 de xaneiro de 1984, cando a contabilidade se empezou a levar unicamente en pesos enteiros, eliminando os centavos."Lei 18267 de 1983". Ministerio de Facenda de Chile. 2 de decembro de 1983.
Historicamente, o peso chileno cuñouse na Casa da Moeda de Chile (1743) e a súa emisión está regulada polo Banco Central de Chile (1925)."Lei 18840: orgánica constitucional do Banco Central de Chile". Ministerio de Facenda de Chile. 10 de outubro de 1989.
Primeiro peso (1817-1960) miniatura|Primeira moeda chilena, coñecida como "peso Independente" (1817). A adopción do peso en substitución do real colonial remóntase ao ano da independencia de Chile, 1818, aínda que os primeiros exemplares do coñecido como "peso Independente" xa foran cuñados o ano anterior. No entanto, neste período da denominada Patria Nueva o incipiente sistema monetario chileno mantivo a súa base no da metrópole, polo que a moeda de prata de oito reais españois ("real de oito") era equivalente a un peso chileno, en tanto que a moeda de ouro española dun escudo equivalía a dous pesos chilenos. Esta situación mantívose ata 1851, cando se adoptou o sistema decimal, polo que o peso quedou dividido en 10 décimos ou 100 centavos."Historia de las monedas". Billetes y Monedas. Banco Central de Chile. miniatura|Billete de 5 pesos chilenos de 1877 miniatura|Tarxeta postal coas moedas do peso chileno en circulación a principios do século XX Naquel mesmo 1851, o peso chileno equiparouse en valor aos 5 francos franceses (22,5 gramos de prata pura). Porén, as moedas de ouro emitíronse cun estándar diferente ao francés, cun peso chileno de 1,37 gramos de ouro, en tanto que os cinco francos franceses tiñan 1,45 gramos. En 1885 adoptouse o padrón ouro e o valor do peso chileno pasou a vincularse á libra esterlina, cunha taxa de 131⁄3 pesos por cada libra (1 peso = 1 xilins e 6 peniques). Esta taxa reduciuse en 1926 a 40 pesos por libra (1 peso = 6 peniques).
En 1925 a circulación do diñeiro pasou a ser controlada polo Banco Central de Chile, que se acababa de crear."Decreto lei 486, que crea o Banco Central de Chile". Ministerio de Facenda de Chile. 22 de agosto de 1925. A lei monetaria daquel mesmo ano estableceu que o peso sería equivalente a 6 peniques de ouro e que 10 destas unidades de peso constituirían o que se denominou "un cóndor"; e estableceuse tamén que en todas as moedas de 10 pesos ou máis se estamparía en letras e cifras o seu valor en pesos, e en letras de menor dimensión a súa equivalencia en cóndores.Carrasco, C. "Billetes y monedas emitidos por el Banco Central (1925-1964) ". Páxina 602."Listado de Billetes y Monedas, 1925-1965". En Carrasco, C. "Billetes y monedas emitidos por el Banco Central (1925-1964) ". Páxinas 605-625.
O padrón ouro foi suspendido en 1932 e o valor do peso chileno incrementou a súa caída con respecto á década anterior. En 1955, como consecuencia da inflación, dispúxose que todas as obrigas se pagasen en pesos enteiros, sen centavos. No contexto dunha política de saneamento da economía chilena e de control inflacionario emprendida polo Goberno de Jorge Alessandri, o 1 de xaneiro de 1960 o peso foi substituído polo escudo (Eº), cunha taxa de conversión de 1.000 pesos por un escudo.
Segundo peso (desde 1975) A hiperinflación existente durante o Goberno de Salvador Allende, que chegou a cifras de arredor do 700 %, foi unha das principais causas da crise económica que tivo que afrontar a súa Administración.Braun, J. el al. (2000).Edwards, S. (2004). Logo do golpe de Estado que provocou o derrocamento de Allende en 1973, unha das reformas económicas establecidas pola ditadura de Pinochet foi a reconversión ao peso chileno. Deste xeito, o 29 de setembro de 1975, estableceuse un cambio de 1.000 escudos por un peso chileno novo mediante o Decreto lei 1123, publicado o 4 de agosto dese mesmo ano.
As primeiras moedas emitidas baixo o novo sistema foron as de 1, 5, 10, 50 centavos, e 1 peso; máis tarde engadíronselles os valores de 5 e 10 pesos. As moedas con denominacións en centavos tiveron unha emisión limitada por mor das crecentes desvalorizacións que ocorreron durante a década de 1980. miniatura|Equivalencias entre o peso chileno e o dólar (1975-2011) Entre 1979 e 1982, a taxa de cambio mantívose fixa en 39 pesos por dólar estadounidense; así e todo, a presión inflacionaria fixo que a economía non puidese aturar esa fixación e en 1982 comezou a desvalorizarse paseniño a moeda nacional. Xa en 1984, o seu prezo estaba a 100 pesos por dólar."¿Cómo funciona la economía en Chile?: El modelo Neoliberal". En Icarito.cl
Cara á década de 1990, a inflación fixo desaparecer tanto as moedas de centavos como os billetes de 5, 10, 50 e 100 pesos, substituídos por moedas. A finais desa década xurdiron, ademais, o billete de 2.000 e o de 20.000 pesos, xunto cunha moeda de 500 pesos, que eliminou o billete da mesma denominación. Cambios posteriores nos billetes permitiron a introdución de símbolos para o seu recoñecemento por persoas con deficiencias visuais e incorporaron billetes de polímero, en substitución do papel, para os billetes de 1.000, 2.000 e 5.000.
Moedas
Todas as moedas cuñadas a partir de 1975, cando se adoptou novamente o peso como moeda nacional, teñen validez no país. As súas denominacións e os seus deseños cambiaron ao longo do tempo: inicialmente, só se emitiron moedas de 1, 5, 10 e 50 centavos, e de 1 peso; posteriormente, deixaron de emitirse os centavos e engadíronse as moedas de 5, 10, 50, 100 e 500 pesos, en substitución dos billetes de iguais denominacións. A moeda de 500 pesos foi a primeira moeda bimetálica producida no país."Moneda de $ 500 permitirá ahorrar $ 1.300 millones en 10 años ". En Emol.com. 26 de maio de 2000. En 2009 presentouse un proxecto para crear moedas de 20 e de 200 pesos, pero foi rexeitado."Gobierno planea lanzar monedas de $20 y $200 para celebrar el Bicentenario". En Chile-Hoy. 6 de maio de 2009.
O 26 de abril de 2016, o Banco Central propúxolle ao Ministerio de Facenda o envío dun proxecto ao Congreso para eliminar as moedas de 1 e de 5 pesos debido ao pouco uso e ao seu alto custo de fabricación."Banco Central propone proyecto al Ministerio de Hacienda para eliminar monedas de $1 y $5". En Region2.cl. 27 de abril de 2016."¿Adiós a las monedas de $1 y $5? Banco Central propone proyecto para eliminarlas". En Emol.com. 26 de abril de 2016."Regla de Redondeo: $1 y $5". Billetes y Monedas. Banco Central de Chile. O 2 de maio seguinte presentóuselle á presidenta Michelle Bachelet un proxecto para unha nova familia de moedas, que entraría en circulación no segundo semestre de 2017."Presidente del Banco Central presentó a la Presidenta de la República proyecto para nueva familia de monedas". En La Semana Online. 2 de maio de 2016. En agosto dese ano, o Congreso tramitou un proxecto de lei que incluíu a eliminación das moedas de 1 e de 5 pesos."Despachan proyecto de productividad que elimina monedas de $1 y $5 y diversifica inversiones de AFP". En Emol.cl. 18 de agosto de 2016. Desde o 1 de novembro de 2017, o Banco Central deixou de emitir esas moedas e entrou en vixencia o arredondamento para os pagamentos en efectivo."Adiós definitivo a las monedas de $1 y $5: Ya hay fecha para el inicio del redondeo de las cuentas". En Emol.cl. 2 de outubro de 2017."Fin de la emisión de monedas de $1 y $5: ¿Qué hacer con aquellas que tenemos?". En Emol.cl. 20 de agosto de 2016.
O 10 de outubro de 2018 o Banco Central anunciou o inicio da retirada da circulación das antigas moedas de 100 pesos, cuñadas entre 1981 e 2000; porén, seguen vixentes como medio de pagamento e a medida implica principalmente a retirada da moeda por parte das institucións financeiras para diminuír a súa convivencia coas moedas actualmente en produción."Banco Central pide a bancos comenzar retiro de monedas de $100 antiguas". En La Tercera. 18 de outubro de 2018."Familia de monedas actuales". Billetes y Monedas. Banco Central de Chile.
ImaxeValorDatasAliaxeCantoPesoDiámetroAnversoReverso1 centavo "1 Centavo". Numista.1975AluminioLiso2,00 g25 mmCóndor nun cume.Valor e coroa de loureiro.5 centavos "5 Centavos 1975-76". Numista."5 Centavos 1976". Numista.1975 1976Bronce-aluminioLiso e rombos4,10 g21 mmCóndor nun cume.Valor e coroa de loureiro.1976AluminioLiso e rombos1,50 g21 mmCóndor nun cume.Valor e coroa de loureiro.10 centavos "10 Centavos 1975-76". Numista."10 Centavos 1976-79". Numista.1975 1976Bronce-aluminioLiso e rombos5,0123,75 mmCóndor nun cume.Valor e coroa de loureiro.1976 a
1979AluminioLiso e rombos2,05 g23,75 mmCóndor nun cumio.Valor e coroa de loureiro.50 centavos "50 Centavos 1975-77". Numista."50 Centavos 1978-79". Numista.1975 a
1977CuproníquelEstriado4,00 g22 mmCóndor nun cumioValor e coroa de loureiro.1978 1979Bronce-aluminioEstriado4,00 g22 mmCóndor nun cumioValor e coroa de loureiro.1 peso "1 Peso 1975-77". Numista."1 Peso 1978-79". Numista."1 Peso 1981-92". Numista."1 Peso 1992-2015". Numista.1975 a 1977CuproníquelEstriado5,00 g24 mmBernardo O'Higgins.Valor e coroa de loureiro.1978 1979Bronce-aluminioEstriado5,00 g24 mmBernardo O'Higgins.Valor e coroa de loureiro1981 1992Bronce-aluminioLiso2,00 g17 mmBernardo O'Higgins.Valor e coroa de loureiro.1992 2015AluminioLiso0,70 g16 mmBernardo O'Higgins.Valor e coroa de loureiro.5 pesos "5 Pesos 1976-80". Numista."5 Pesos 1981-90". Numista."5 Pesos 1990-92". Numista."5 pesos 1992-2015". Numista.1976 a
1980CuproníquelEstriado7,10 g25,8 mmMuller alada. LIBERTAD. 11-IX-1973.Valor e coroa de loureiro1981 a
1990Bronce-aluminioLiso2,75 g19 mmMuller alada. LIBERTAD. 11-IX-1973.Valor e coroa de loureiro.1990 a
1992Bronce-aluminioLiso2,70 g19 mmBernardo O'Higgins.Valor e coroa de loureiro.1992 a
2015Bronce-aluminioLiso2,20 g15,5 mmBernardo O'Higgins.Valor e coroa de loureiro.10 pesos "10 Pesos 1976-80". Numista."10 Pesos 1981-90". Numista."10 pesos 1990-2019". Numista.1976 a
1980CuproníquelEstriado8,90 g28 mmMuller alada. LIBERTAD. 11-IX-1973.Valor e coroa de loureiro.1981 a
1990Bronce-aluminioEstriado3,50 g21 mmMuller alada. LIBERTAD. 11-IX-1973.Valor e coroa de loureiro1990 a
2019Bronce-aluminioEstriado3,50 g21 mmBernardo O'Higgins.Valor e coroa de loureiro.50 pesos "50 pesos 1981-2018". Numista.1981 a
2018Bronce-aluminioLiso e rombos.7,00 g25 mmBernardo O'Higgins.Valor e coroa de loureiro.100 pesos "100 Pesos 1981-2000 ". Numista."100 pesos 2001-2017". Numista.1981 a
2000Bronce-níquelLiso. POR LA RAZÓN Y LA FUERZA9 g27 mmEscudo de Chile.Valor e coroa de loureiro.2001 a
2017Aro: brce-al. Centro: la-ni.Estriado descontinuo7,58 g23,5 mmMuller mapucheEscudo e coroa de loureiro.500 pesos "500 pesos 2000-2018". Numista.2000 a
2018Aro: la-ni Centro: brce-al.Estriado6,50 g26 mmRaúl Silva Henríquez.Valor e coroa de loureiro.