Otkradnati ochi (en ) é un filme búlgaro de 2005 dirixido por Radoslav Spasov. Foi escollido como candidato de Bulgaria para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 78ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado. Participou na 27ª edición do Festival Internacional de Cinema de Moscova, onde Vesela Kazakova gañou o premio de mellor actriz. Conta a historia da fráxil relación entre un home cristián e unha muller turca musulmá na década de 1980.

Personaxes Vesela Kazakova como Ayten Valeri Yordanov como Ivan Nejat Isler como irmán Itzhak Finzi como avó Iliana Kitanova como doutora Stoyan Aleksiev como oficial da KGB Maria Kavardjikova como Valya "astronauta" Maria Statulova como muller labrega

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Bulgaria propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 78ª edición dos Óscar

Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2005 Categoría:Filmes en lingua búlgara Categoría:Filmes en lingua turca Categoría:Filmes de Bulgaria Categoría:Filmes dirixidos por Radoslav Spasov Categoría:Filmes rodados en Bulgaria