miniatura|256px|Un dos primeiros satélites GOES. Geostationary Operational Environmental Satellite, máis coñecidos como GOES, é unha serie de satélites meteorolóxicos estadounidenses dependentes da NOAA, situados en órbita xoestacionaria. O primeiro GOES foi lanzado en 1974 e desde entón a serie foi cambiando e mellorando, podendo dividirse en varias familias de satélites. Os tres primeiros GOES foron coñecidos inicialmente como Synchronous Meteorological Satellite (SMS), cambiándose posteriormente a súa denominación.

SMS 1 e 2 e GOES 1, 2 e 3 Foron os primeiros satélites meteorolóxicos xeoestacionarios. Estabilizábanse mediante xiro a 100 r.p.m., tiñan forma cilíndrica con 190,5 cm de diámetro e 230 cm de altura e un mastro de 83 cm cun magnetómetro no extremo. Cada satélite levaba a bordo un radiómetro para lonxitudes de onda visibles e infravermellas (VISSR, Visible Infrared Spin-Scan Radiometer), que proporcionaba información da cuberta de nubes tanto no lado diúrno como no nocturno do planeta e podía medir a temperatura da terra e da atmosfera. Tamén dispoñían dun monitor da contorna espacial (SEM, Space Environmental Monitor) para medir a cantidade de protóns e electróns e o fluxo de raios X solares, así como os campos magnéticos. Os satélites usaban tanto a UHF como a banda S para transmitir telemetría e recibir comandos. As dúas primeiras unidades denomináronse Synchronous Meteorological Satellite, e a denominación GOES foi usada a partir da terceira unidade, usando ás veces letras en lugar de números (GOES A, B e C). Foron lanzados entre 1974 e 1978, todos a bordo de foguetes Delta 2914. GOES 3 foi desactivado en xuño de 2016, despois de 38 anos de servizo. O satélite foi usado moito despois do fallo do seu instrumento VISSR como enlace coa base Amundsen-Scott do polo sur.

GOES 4, 5, 6, G e 7 Tamén denominados GOES D, E, F, G e H. Usaban o bus HS-371, estabilizábanse mediante xiro e levaban un instrumento VISSR mellorado, así como un sondador atmosférico no visible e infravermello (VAS, Visible and Infrared Atmospheric Sounder) para medir a temperatura vertical da atmosfera, proporcionando información sobre a súa estrutura tridimensional. VAS tiña unha resolución de 0,9 km no visible e de 6,9 km no infravermello. Ao igual que a anterior familia, tamén levaban un instrumento SEM para monitorizar a contorna espacial. GOES 7 tamén era capaz de reenviar sinais de transmisores de emerxencia de avións e buques en perigo na frecuencia de 406 MHz. Todos foron lanzados mediante Delta 3914 entre 1980 e 1987. GOES G foi destruído durante o lanzamento polo fallo do foguete portador.

GOES 8, 9, 10, 11 e 12 Tamén denominados GOES I, J, K, L e M. A diferenza dos anteriores, estabilizábanse nos tres eixos. Usaban o bus SSL-1300 de Space Systems Loral. Foron lanzados entre 1994 e 2001, os tres primeiros mediante Atlas I e os dous últimos mediante Atlas IIA. Entre os instrumentos de a bordo se inclúe unha nova cámara para o visible e o infravermello e un novo sondador para temperaturas verticais, así como un novo instrumento SEM.

GOES 13, 14, 15 e 16 Tamén denominados GOES N, O, P e Q. Estabilízanse nos tres eixos e usan o bus BSS-601 de Boeing. Foron lanzados entre 2006 e 2010 usando Delta IV, cancelándose o GOES 16. Esta serie proporciona máis precisión na localización de tormentas e outros fenómenos.

GOES 16, 17, 18 e 19 Tamén denominados GOES R, S, T e U. Estabilízanse nos tres eixos e usaban o bus A2100A de Lockheed Martin. As tres primeiras unidades foron lanzados entre 2016 e 2022 usando Atlas V.

GOES U espera ser lanzado como tarde en 2025 como substituto de SOHO.

Historial de lanzamentos

Misión Data de lanzamento Foguete lanzador NotasSMS 117 de maio de 1974Delta 2914ÉxitoSMS 26 de febreiro de 1975Delta 2914ÉxitoGOES 116 de outubro de 1975Delta 2914ÉxitoGOES 216 de xuño de 1977Delta 2914ÉxitoGOES 316 de xuño de 1978Delta 2914ÉxitoGOES 49 de setembro de 1980Delta 3914ÉxitoGOES 522 de maio de 1981Delta 3914ÉxitoGOES 628 de abril de 1983Delta 3914ÉxitoGOES G3 de maio de 1986Delta 3914FalloGOES 726 de febreiro de 1987Delta 3914ÉxitoGOES 813 de abril de 1994Atlas IÉxitoGOES 923 de maio de 1995Atlas IÉxitoGOES 1025 de abril de 1997Atlas IÉxitoGOES 113 de maio de 2000Atlas IIAÉxitoGOES 1223 de xullo de 2001Atlas IIAÉxitoGOES 1324 de maio de 2006Delta IV MÉxitoGOES 1427 de xuño de 2009Delta IV MÉxitoGOES 154 de marzo de 2010Delta IV MÉxitoGOES 1619 de novembro de 2016Atlas VÉxitoGOES 171 de marzo de 2018Atlas VÉxitoGOES 181 de marzo de 2022Atlas VÉxito

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Delta 2914 Delta 3914 Delta IV Atlas V

Categoría:Satélites artificiais