Archibald Stansfeld Belaney, nado o 18 de setembro de 1888 e finado o 13 de abril de 1938, máis coñecido como Bufo Gris ("Grey Owl"), foi un conservacionista, cazador de peles e escritor de orixe británica que finxiu ser nativo americano. Malia que conseguiu fama como conservacionista durante a súa vida, logo da súa morte revelouse que non era indíxena, xunto con outras fabricacións autobiográficas, afectaron negativamente á súa reputación.

Belaney acadou a fama como escritor e relator notable, principalmente sobre temas medioambientais.John Sugden, review of Donald B. Smith, From the Land of Shadows: The Making of Grey Owl, American Indian Quarterly, verán de 1991, consultado o 4 de decembro de 2010 Traballando coa rede de parques nacionais, Bufo Gris converteuse en obxecto de numerosos filmes, e foi nomeado como "coidador dos parques de animais no Parque Nacional Riding Mountain en Manitoba" en 1931.Donald B. Smith, From the Land of Shadows: the Making of Grey Owl, (Saskatoon: Western Prairie Books, 1990), 92 Xunto cos seus numerosos artigos, libros, filmes e lecturas, as súas visións sobre o conservacionismo acadou ó público máis aló das fronteiras do Canadá. O seu punto de vista sobre a conservación centrábase no impacto negativo dos humanos na natureza a través da modificación das fontes da natureza no seu beneficio, e na necesidade dos seres humanos en desenvolver un respecto polo mundo natural.Tina Loo, States of Nature: Conserving Canada's Wildlife in the Twentieth Century, (Vancouver: UBC Press, 2006), 113.

Os recoñecementos a Belaney inclúen biografías, unha placa histórica no seu lugar de nacemento e un filme titulado Grey Owl sobre a súa vida dirixido por Richard Attenborough.BBC - Films - review - Grey Owl

Notas

Véxase tamén Bibliografía Anahareo. Devil in Deerskins: My Life with Grey Owl. Toronto: Paperjacks, 1972. Attenborough, Richard, dir. Grey Owl. Guión de William Nicholson. Largo Entertainment, 1999. Atwood, Margaret. "The Grey Owl Syndrome", Strange Things: The Malevolent North in Canadian Literature. Oxford: Clarendon, 1995. 35–61. Dickson, Lovat. Wilderness Man: The Strange Story of Grey Owl. 1974. Smith, Donald B. From the Land of Shadows: the Making of Grey Owl. 1990. Ruffo, Armand Garnet, Grey Owl: The Mystery of Archie Belaney. 1996.

Categoría:Nados en 1888 Categoría:Finados en 1938 Categoría:Ecoloxistas do Canadá Categoría:Escritores do Canadá