Dance Gavin Dance é un grupo de rock estadounidense con orixe en Sacramento, California, formado no ano 2005. O grupo está composto polos vocalistas Tilian Pearson e Jon Mess, o guitarra Will Swan, o baixo Tim Feerick e o batería Matthew Mingus. O grupo sufriu varios cambios de membros dende a súa formación, con antigos membros como os vocalistas Jonny Craig e Kurt Travis.

Traxectoria

O grupo publicou o seu EP de estrea Whatever I Say Is Royal Ocean en 2006 e asinou co selo Rise Records. O seu álbum de estudio de estrea titulouse Downtown Battle Mountain e foi publicado en maio de 2007. Craig e o guitarrista Sean O'Sullivan deixaron o grupo sendo substituídos por Kurt Travis e Zachary Garren respectivamente. Publicaron o seu segundo álbum homónimo en agosto de 2008. O vocalista Jon Mess e o baixo Eric Lodge deixaron o grupo antes da publicación do álbum, sendo Jason Ellis o substituto de Lodge. Happiness, o terceiro álbum de estudio do grupo, publicouse en xuño de 2009.

No ano 2010 Jonny Craig, Jon Mess e Eric Lodge volveron ó grupo e gravaron o seu cuarto álbum de estudio, Downtown Battle Mountain II (2011). Craig e Lodge marcharon do grupo ó ano seguinte, mentres que o antigo vocalista de Tides of Man, Tilian Pearson, o baixo Tim Feerick e o guitarrista Josh Benton uníronse ó grupo. Publicaron o seu quinto álbum de estudio, Acceptance Speech en 2013. Benton deixou o grupo pouco despois da publicación deste álbum. O seu sexto álbum, Instant Gratification, publicouse en abril de 2015. Ó ano seguinte publicaron o seu sétimo álbum, Mothership, que chegaría ó posto número 13 da lista Billboard 200. En 2017 publicaron unha versión do sinxelo de Bruno Mars "That's What I Like" para o álbum Punk Goes Pop Vol. 7 e formaron parte da xira Vans Warped Tour. Publicaron o seu oitavo álbum de estudio titulado Artificial Selection en xuño de 2018, que acadou o posto número 15 da lista Billboard 200.

Estilo musical O seu estilo musical foi descrito dentro dos xéneros do post-hardcore, math rock, rock experimental, rock progresivo, screamo, jazz fusión e emo. A crítica comparou o grupo con outros como the Fall of Troy, Alexisonfire e Circa Survive.

Membros Jon Mess – voz sucia (2005–2008; 2010–) Matt Mingus – batería, percusión (2005–) Will Swan – guitarra, teclado, coros (2005–), voz rapeada (2009–2016; 2020–), voz sucia (2008–2010) Tim Feerick – baixo (2009–2010; 2012–) Tilian Pearson – voz (2012–), voz sucia (2020–)

Liña temporal

Discografía Álbums de estudio Álbum Ano Selo Downtown Battle Mountain 2007 Rise Records Dance Gavin Dance 2008 Rise Records Happiness 2009 Rise Records Downtown Battle Mountain II 2011 Rise Records Acceptance Speech 2013 Rise Records Instant Gratification 2015 Rise Records Mothership 2016 Rise Records Artificial Selection 2018 Rise Records Afterburner 2020 Rise Records Jackpot Juicer 2022 Rise Records Pantheon 2025 Rise Records

EPs Whatever I Say Is Royal Ocean (2006)

Álbums de directos Live at Bamboozle 2010 (2010) Tree City Sessions (2016)

Notas