miniatura|256px|Unha das sondas Helios durante unhas probas.

Helios 1 e 2 foron dúas sondas espaciais colaboración da axencia alemá DLR e da NASA. Helios 1 foi lanzada o 10 de decembro de 1974 e Helios 2 o 15 de xaneiro de 1976, ambas a bordo de foguetes Titan IIIE desde Cabo Cañaveral.

Características A misión das dúas sondas Helios foi estudar o espazo interplanetario e a contorna do Sol nas súas proximidades, nunha órbita cun perihelio de só 0,309 UA e un afelio de 0,985 UA. Cada nave ía equipada con dous mastros con instrumentación e unha antena dipolo de 32 m de longo. Os instrumentos a bordo permitían medir campos magnéticos, eléctricos, partículas cargadas, a luz zodiacal e impactos de micrometeoritos. As sondas estabilizábanse mediante xiro a 60 r.p.m., co eixo de rotación perpendicular á eclíptica. As comunicaciós coas sondas tiñan lugar a velocidades de entre 8 e 4096 bps. Helios 1 tivo problemas ao despregar a súa antena dipolo, o que afectou durante o resto da misión ás medicións feitas polo resto de instrumentos.

Instrumentos Helios 1 e 2 levaban os seguintes instrumentos a bordo:

Un magnetómetro de porta de fluxo para flutuacións de campo. Un magnetómetro de porta de fluxo para medir campos medios. Un magnetómetro de busca de bobina. Medidor de ondas de plasma solares. Un analizador de espectro de frecuencia fina e baixa resolución temporal. Detector de radioondas de entre 26,5 kHz e 3 MHz. Detector de raios cósmicos. Detector de raios cósmicos de orixe solar e galáctico. Detectores de plasma. Detector de electróns e protóns enerxéticos. Fotómetro para a luz zodiacal. Detector e analizador de micrometeoroides.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Titan IIIE

Categoría:Sondas espaciais