O Rally do Albariño foi unha proba de rally, que se celebraba anualmente en Cambados e outros concellos da comarca do Salnés.

A primeira edición celebrouse en 1992 e a última en 2009. Organizábao a escudaría Caldas Motor nos seus inicios e Salnés Motor máis tarde, e era puntuable para o Campionato de Galicia de Rally. O piloto máis laureado da proba é Manuel Senra, que gañou o rally en oito ocasións.

Historia Naceu en 1992 organizado pola escudaría Caldas Motor. A primeira edición abriu a tempada 1992 do Campionato de Galicia de Rally, substituíndo como proba inaugural ao Rally do Sil. Manuel Senra e o seu copiloto José Maceiras a bordo dun Peugeot 309 GTI 16v dominaron con facilidade aquela primeira edición, por diante do Ford Sierra RS Cosworth de Germán Castrillón e Estrella Castrillón e do Lancia Delta Integrale de José María Magdaleno e Mario Labraña. Tras ese triunfo inicial de Senra, outros catro pilotos diferentes gañaron o rally os catro seguintes anos e todos sobre vehículos da marca Ford: Germán Castrillón, Miguel Dopico, Germán Gómez e Javier Paz, os tres primeiros con Ford Escort e o último cun Ford Sierra.

A edición de 1997 significou a segunda vitoria de Senra, esta vez xa con Fasutino Suárez como copiloto e co seu famoso Peugeot 306 Maxi, vehículo este que sería o gran dominador durante a seguinte década. Só as vitorias de Javier Piñeiro cun Renault Clio Maxi en 1998 e de e Germán Castrillón cun Mitsubishi Lancer Evo VI no ano 2000, se interpuxeron no camiño do Peugeot, que logrou a vitoria con Manuel Senra en 1999 e nas seis edicións consecutivas entre 2001 e 2005, e con Bamarti, que cun coche do mesmo modelo gañou en 2006 e 2007. Na edición de 2005 deuse como gañador inicialmente a Bamarti, que subiu a recoller o trofeo de vencedor ao primeiro caixón do podio, pero unha revisión de tempos posterior confirmou a oitava vitoria de Senra.

O piloto de Vincios Alberto Meira, a bordo dun Mitsubishi Lancer Evo IX venceu na edición de 2008, mentres que os irmáns Burgo, Pedro e Marcos, foron os últimos en lograr a vitoria na proba cambadesa en 2009, a bordo dun Mitsubishi Lancer Evo IX e tras unha dura loita con Meira. Dende 2008 celébrase na mesma zona o Rally do Albariño de Clásicos, organizado polo Club Clásicos Salnés.

Palmarés AnoEdiciónPilotoCopilotoVehículoCampionato1992I Rally do Albariño Manuel Senra José MaceirasPeugeot 309 GTI 16vGalicia1993II Rally do Albariño Germán Castrillón Estrella CastrillónFord Escort RS CosworthGalicia1994III Rally do Albariño Miguel Dopico Juan LouroFord Escort RS CosworthGalicia1995IV Rally do Albariño Germán Gómez Juan BarrosFord Escort CosworthGalicia1996V Rally do Albariño Javier Paz Moncho SeoaneFord Sierra CosworthGalicia1997VI Rally do Albariño Manuel Senra Faustino SuárezPeugeot 306 MaxiGalicia1998VII Rally do Albariño Javier Piñeiro Aida BlancoRenault Clio MaxiGalicia1999VIII Rally do Albariño Manuel Senra Faustino SuárezPeugeot 306 MaxiGalicia2000IX Rally do Albariño Germán Castrillón Estrella CastrillónMitsubishi Lancer Evo VIGalicia2001X Rally do Albariño Manuel Senra Faustino SuárezPeugeot 306 MaxiGalicia2002XI Rally do Albariño Manuel Senra Faustino SuárezPeugeot 306 MaxiGalicia2003XII Rally do Albariño Manuel Senra Faustino SuárezPeugeot 306 MaxiGalicia2004XIII Rally do Albariño Manuel Senra Faustino SuárezPeugeot 306 MaxiGalicia2005XIV Rally do Albariño Manuel Senra Faustino SuárezPeugeot 306 MaxiGalicia2006XV Rally do Albariño Bamarti Manuel CamposPeugeot 306 MaxiGalicia2007XVI Rally do Albariño Bamarti Manuel CamposPeugeot 306 MaxiGalicia2008XVII Rally do Albariño Alberto Meira Álvaro BañobreMitsubishi Lancer Evo IXGalicia2009XVIII Rally do Albariño Pedro Burgo Marcos BurgoMitsubishi Lancer Evo VIIIGalicia

Notas

Véxase tamén Outros artigos

Rally Rías Baixas Rally de Noia

Ligazóns externas

Estatísticas do Rally do Albariño .