Pío Troncoso Martínez, nado cara a 1912 e finado en Goián o 29 de marzo de 1979, foi un farmacéutico e político galego.

Traxectoria Farmacéutico de Goián. No franquismo foi elixido concelleiro en 1948.El Pueblo Gallego, 1-12-1948, p. 4. Foi xefe do Gremio de Industria e Comercio. Foi nomeado alcalde de Tomiño a finais de 1951.El Pueblo Gallego, 22-1-1952, p. 8. Cesou como alcalde en xaneiro de 1967.El Pueblo Gallego, 5-2-1967, p. 17. En 1968 foi nomeado alcalde honorario do Concello de Tomiño.El Pueblo Gallego, 30-1-1968, p. 11. Finou en Goián o 29 de marzo de 1979, con 66 anos.La Voz de Galicia, 30-3-1979, p. 57.

Vida persoal

Casou con María Luisa Vicente Martínez e foi pai de María José, Luis, Juan Ignacio, Pío, Loreto, Francisco Antonio, Belén e Sonsoles Troncoso Vicente. Notas

Categoría:Farmacéuticos de Galicia Categoría:Alcaldes de Tomiño Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Finados en 1979 Categoría:Nados no século XX Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes