Capricornio (♑︎) é o décimo signo astrolóxico do zodíaco, o quinto de natureza negativa (feminina) e de calidade cardinal. Simboliza a sabedoría e as augas polo deus primordial dos sumerios: Enki; o seu símbolo representa a montaña, pertencendo xunto a Touro e Virxe ó elemento terra. Está rexido por Saturno e dentro desa triloxía de Terra representa a sementeira. O seu signo oposto é Cáncer.
O símbolo astrolóxico presenta un animal híbrido: unha cabra con cola de peixe ou monstro mariño. A cola de peixe simboliza as augas nutritivas onde nace o ser para elevarse ó máis alto grao de espiritualidade. Representa o alicornio co seu único corno protuberante sobre a testa, semellante a unha lanza.Alice Bailey.Tratado sobre los siete rayos. Tomo III. Astrología esotérica. Bos Aires: Fundación Lucis. 1995.
Notas
Categoría:Signos astrolóxicos occidentais