O estercobilinóxeno ou urobilinóxeno fecal é un composto químico creado polas bacterias do intestino. É o resultado da degradación da hemoglobina. Unha vez procesado dá lugar ao composto que lle dá ás feces a súa cor marrón, a estercobilina.Stercobilinogen, drugs.com
Formación A bilirrubina é un pigmento que se orixina pola degradación da porción hemo da hemoglobina. O fígado conxuga a bilirrubina, facéndoa hidrosolube; e a forma conxugada é despois excretada na urina como urobilinóxeno. O urobilinóxeno é incoloro e é despois oxidado na urina a urobilina, que lle dá cor amarela á urina.Graff, Laurine (1987). "Análisis de orina: atlas color". Google Books. Ed. Médica Panamericana. Consultado o 3 de xuño de 2011. No intestino, a bilirrubina é convertida polas bacterias en urobilinóxeno fecal ou estercobilinóxeno. O estercobilinóxeno é oxidado a estercobilina, que é responsable da pigmentación das feces. O escurecemento das feces unha vez que están un certo tempo ao aire débese á oxidación dos urobilinóxenos fecais residuais a estercobilinas.A. C. Guyton. Tratado de Fisiología Médica. 6ª edición. Editorial Interamericana. Páxina 1031. ISBN 84-7605-029-1
"Estercobilinóxeno" é simplemente o nome que se lle dá ao urobilinóxeno que está no tracto gastrointestinal; e, de feito, o seu uso como termo separado está caendo en desuso para evitar confusión.
Notas
Véxase tamén Bibliografía P. T. Lowry, N. R. Ziegler, Ruth Cardinal, and C. J. Watson The conversion of N16-labeled Mesobilirubinogen to Stercobilinogen by fecal bacteria JBC (1954) 208, 543-548 Harpers illustrated biochemistry 28th Ed. Harrison’s principles of internal medicine 20th Ed.
Categoría:Pirrois