miniatura|Vaixela. A vaixela é o conxunto de utensilios que se empregan para o servizo da mesa, é dicir, trasladar, servir e permitir inxerir a comida.
Compoñentes Os compoñentes da vaixela son os pratos, os vasos e as fontes, realizados habitualmente en materiais cerámicos coma a louza ou a porcelana, tamén en vidro e, máis raramente, en metal, plástico ou madeira. Ás veces tamén os cubertos, realizados case sempre en metal (aceiro inoxidábel), son considerados parte da vaixela, mais en realidade pertencen ao xogo de cubertos.
Pratos A vaixela contén no seu formato máis simple os seguintes pratos: Pratos fondos - ideais para servir líquidos (caldos, sopas) ou alimentos fluídos (potaxes, cocidos) Pratos chans - ideais para servir pratos máis lixeiros e pouco cargados Pratos de sobremesa - ideais para servir porcións pequenas.
Complementos A eles engádense numerosos elementos complementarios segundo o tamaño da vaixela:
Cuncas Cuncas de té Cuncas de café Cuncas de consomé.
Recipientes Salseiras Sopeiras Fontes.
Outros pratos Pratos para o pan Pratos para as cuncas Pratos para gornicións.
Cores As vaixelas pódense adquirir en diversas cores e formatos, se ben as cores branca e beixe considéranse sobrias e elegantes. Por outra parte, están moi estendidos os pratos brancos con franxas decorativas exteriores.
Categoría:Cociña