Elsa Lunghini, nada en París o 20 de maio de 1973, é unha actriz e cantante francesa. Entre 1986 e 2007 empregou o pseudónimo artístico de Elsa, e en 2008 retomou o seu nome completo coa publicación do seu álbum Elsa Lunghini.

Traxectoria Seu pai é o cantante e actor Georges Lunghini e súa nai a escultura e pintora Christiane Jober. É sobriña da actriz e escritora Marlène Jobert e curmá de Eva Green, Joséphine Jobert e mais Joy Green .

Con sete anos interpretou o seu primeiro papel no cinema, foi nun filme de 1981 do director Claude Miller, Garde à vue protagonizado por Romy Schneider, Lino Ventura e Michel Serrault. Despois realizou varias películas máis, entre elas La Femme de ma vie en 1986 e foi durante esta película que empezou a cantar, fíxoo con T'en va pas e logrou o éxito, xa que con trece anos foi a artista máis nova en chegar ao número un do Top 50, e o tema permaneceu oito semanas como o sinxelo máis vendido cunhas vendas case 900 000 exemplares Daniel Lesueur & Dominic DurandLes Meilleures Ventes "Tout Temps" de 45 T. / Singles / Téléchargement. Infodisc, consultado o 29 de maio de 2020.

En 1988 lanzou o seu primeiro álbum, Elsa, que logrou grande éxito, máis de 800 000 álbums vendidos, e entre as cancións que incluía estaban os éxitos Quelque chose dans mon cœur, Un roman d'amitié un dueto con Glenn Medeiros que foi número un durante seis semanas, Jour de neige, À la même heure dans deux ans e Jamais nous un dueto con Laurent Voulz Biographie Voici, consultado o 29 de maio de 2015..

En 1990 publicou o seu segundo álbum, Rien que pour ça ..., do que se extraeron títulos como Rien que pour ça, Pleure doucement e Qu'est-ce que ça peut lui faire ?. Este álbum acadou menos éxito que o primeiro, aínda así foi platino, con máis de 300 000 exemplares vendidos, o que lle permitiu ser, en novembro dese ano, a artista máis nova en aparecer no programa principal do Olympia de París.

En 1991 protagonizou Le Retour de Casanova, con Alain Delon e Fabrice Luchini e en 1992 volveu á música co seu terceiro álbum, Douce Violence, diferente aos anteriores, con cancións melancólicas e insolencia; a canción principal "Bouscule-moi", creba a imaxe lene da cantante e revela o seu lado máis adulto e sexyBiographierfimusique.com, vendeu máis de 200 000 exemplares Billboard, 22 de maio de 1993, páxina 68, vol. 105, n°21. dereita|120 px|Elsa Lunghini nun momento da filmación de Trois jours en juin (2005) Tras a saída deste álbum dedícase ao seu primeiro fillo, Luigi, froito da súa unión co cantante alemán Peter Kröner"Elsa, la mort et l'amour sans détour" . Liberation, 7 de outubro de 1996 e non vai gravar outro álbum ata 1996, Chaque jour est un long chemin para o que tamén escribiu as letras"Elsa Lunghini. Biographie" . Universal Music France. Tivo boas críticas, en especial o sinxelo Sous ma robe pero non acadou o éxito popularQuand Elsa Lunghini se rebelle contre ses maisons de disques . BFM Business, 30 de decembro de 2017. O ano seguinte publicou a compilación Elsa, l'essentiel 1986-1993, que se converteu en disco de ouro"Elsa Lunghini" . Festival de Valenciennes 2017. miniatura|Elsa Lunghini na cerimonia de entrega dos premios Lumières de 2015

En 2002 protagonizou o telefilme La Mort est rousse con Bernard Giraudeau e Eva Darlan e en 2005 volveu con Trois jours en juin con Guy Marchand. Tras un conflito coa súa discográfica, BMG France, asinou con Mercury Records para o que gravou o seu quinto álbum De lave et de sève que saíu en abril de 2004, Elsa foi a autora de boa parte dos textos, co que confirmou o seu status de cantautora. No álbum tamén participaron Benjamin Biolay, Hubert Mounier, Keren Ann e Étienne Daho. Realizou unha serie de concertos na sala L'Européen de París en setembro de 2005, e en abril de 2006 efectuou o seu primeiro directo, despois de vinte anos de carreiraVous n'allez pas reconnaître Elsa. Le Parisien, 23 de outubro de 2008. Implicouse na gala de concertos solidarios de les Enfoirés para a asociación Restos du cœur, así como noutras causas benéficas como Sol En Si ou Bout de vie. En 2007 interpretou a Suzanne na adaptación para a televisión da novela de Marc Levy, Où es-tu ? acompañada de Cristiana Reali e Philippe Bas. Emitiuse en xuño de 2008 en M6.

O seu sexto álbum Elsa Lunghini saíu en setembro de 2008, a maioría dos títulos son da autoría de Da Silva, Elsa e Dominique A. Malia saír tres sinxelos do álbum, Oser, Le garçon d'étage e Les tremblements de terreDécouvrez le nouveau single d'Elsa Lunghini. Charts in France, non gozou de éxito e finalmente tanto os concertos en París como a xira por Francia tivo que se anularLes concerts parisiens d'Elsa Lunghini sont annulés. Charts in France. En 2009 interpretou o papel de Emma no telefilme Aveugle, mais pas trop de Charlotte Brandström que se emitiu o 14 de setembro de 2009 en TF1, acompañada de Bernard Le Coq. No primeiro trimestre de 2010 participou na miniserie de France 2, La Maison des Rocheville, protagonizada por Alexandre Brasseur, Chloé Lambert e Virginie Desarnauts. Participou nun dueto con Bruno Putzulu coa canción "J’t'aimais j’t'aime" en 2010 e no ano seguinte no álbum de Thierry Gali Il était une fois en apoio da Unicef .

En xaneiro de 2017 incorporouse á cuarta tempada da serie policial de France 2, Cherif, no papel de Justine, a compañeira de CherifChérif, France 2 : Elsa Lunguini, son fils canon est coach sportif Telestar, 1 de marzo de 2017 e en 2019 fixo o seu primeiro papel teatral, foi na comedia 2+2 de Cyril Gély e Eric Rouquette que dirixiu Jeoffrey Bourdenet,no Teatro Tristan Bernard.

Discografía Álbums 1988: Elsa 1990: Rien que pour ça 1992: Douce violence 1996: Chaque jour est un long chemin 1997: Elsa, l'essentiel 1986-1993 2004: De lave et de sève 2006: Connexions live (gravado en L'Européen de París en setembro de 2005) 2008: Elsa Lunghini

Sinxelos 1986: T'en va pas 1987: Quelque chose dans mon cœur 1988: Un roman d'amitié (dueto con Glenn Medeiros) 1988: Jour de neige 1989: À la même heure dans 2 ans 1989: Jamais nous 1990: Rien que pour ça 1991: Pleure doucement 1991: Qu'est-ce que ça peut lui faire 1992: Bouscule-moi 1993: Supplice chinois 1993: Tout l'temps, tout l'temps 1996: Chaque jour est un long chemin 1997: Sous ma robe 1997: Le temps tourne à l'orage 2004: Mon amour 2004: A quoi ça sert 2005: Éternité 2006: Connexions (directo) 2008: Oser 2008: Le garçon d'étage

Filmografía 1981 : Garde à vue de Claude Miller : Camille (nena) 1984 : Train d'enfer de Roger Hanin 1985 : Rouge Baiser de Véra Belmont : Rosa 1986 : La Femme de ma vie de Régis Wargnier : Éloïse 1987 : Où que tu sois de Alain Bergala : Anne 1991 : Le Retour de Casanova de Édouard Niermans : Marcolina 2009 : Le Portail, curtametraxe de Liam Engle : a nai 2011 : Block 66, curtametraxe de Patrice Gablin : Handi 2013 : Pauvre Richard de Malik Chibane 2013 : Une vie déportée, curtametraxe de Marie-Hélène Roux

Televisión

2002 : La Mort est rousse de Christian Faure : Charlotte 2005 : Trois jours en juin de Philippe Venault : Sylvie 2008 : Où es-tu ? (dun novela de Marc Levy) de Miguel Courtois : Suzanne 2009 : Aveugle, mais pas trop de Charlotte Brandström : Emma 2010 : La Maison des Rocheville de Jacques Otmezguine : Sylvana 2011 : Les Nuits d'Alice de Williams Crepin : Alice 2012 : Section de recherches (episodio 5 da 6ª tempada « Les mailles du filet ») : Karine Lalande 2013 : Famille d'accueil (episodio 1 da 11ª tempada, « Akecheta ») : Marie Freyssinet / Solenne 2013 : Enquêtes réservées - La belle endormie, (episodio 5 da 6ª tempada) : Maryse & Béatrice Guérand 2014 : Louis la Brocante (episodio 44) : Garance 2014 : Commissaire Magellan (episodio « Régime mortel ») : Justine Reynal 2016 : Mon frère bien-aimé de Denis Malleval 2017 : Cherif (tempada 4ª) : Justine 2017 : Parole contre parole de Didier Bivel : Laura 2017 : Vestiaires (tempada 7ª) 2018 : On va s'aimer un peu, beaucoup..., (tempada 2ª, episodio « Antoine ») : Diane 2018 : Meurtres à Lille de Laurence Katrian : Astrid D'Armentières 2018 : Les Bracelets rouges (tempada 2ª) 2019 : Puzzle de Laurence Katrian : Olivia Sysman 2020 : Caïn, (tempada 8ª) : Marie Charlotte St Hilaire

Notas

Categoría:Actores infantís de Francia Categoría:Participantes nos Enfoirés Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1973 Categoría:Cantantes de Francia Categoría:Actores de cinema de Francia Categoría:Actores de televisión de Francia Categoría:Letristas