miniatura|Represenación esquemática do resultado dun xel de electroforese de proteínas As betaglobulinas son un grupo de proteínas globulares do plasma sanguíneo que son máis móbiles en solucións cargadas alcalinas ou cargadas electricamente que as gammaglobulinas, pero menos móbiles que as alfaglobulinas.

Exemplos de betaglobulinas son: beta-2 microglobulina plasminóxeno anxiostatinas properdina globulina ligadora das hormonas sexuais transferrina

Electroforese O fraccionamento electroforético das proteínas sanguíneas ou urinarias mostra seis fraccións que van en orde de mobilidade: prealbumina, seroalbumina, as α-globulina, β1–globulina, β2–globulina e as γ-globulinas.HASEGAWA, MY et al . Serum protein electrophoresis evaluation in adult broiler breeders (Gallus Gallus Domesticus) of the Avian Farm strain. Rev. Bras. Cienc. Avic. , Campinas, v. 4, n. 3, 2002 . Dispoñible on line: . Consultado el 19 de marzo de 2008. doi: 10.1590/S1516-635X2002000300004

A concentración media das betaglobulinas en sangue é menor de 0,5 g/dl, mentres que a concentración de albumina é aproximadamente de 4,2 g/dl e a das alfaglobulinas de 1,5 g/dl.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Proteínas sanguíneas Electroforese de seroproteínas

Ligazóns externas "Examples of Protein Electrophoretograms" at ufl.edu

Categoría:Proteínas sanguíneas